O Carballiño bateu, por cuarto ano consecutivo, o record da tapa de polbo máis grande. Sobre un prato de madeira de 3,80 metros de diámetro cortáronse máis de 260 quilos de polbo, que posteriormente foron condimentados con 60 litros de aceite, uns 10 quilos de sal e medio quilo de pemento.
A enorme tapa de polbo a feira foi degustada posteriormente polas máis de mil persoas que se deron cita na Praza Maior para asistir a esta nova iniciativa do concello e a asociación de pulpeiros de Arcos.