felipe_ret

Noticia
Noticia 50 Aniversario

Felipe Luis López López

Fillo dunha familia Valdeorresa emigrada a Bos Aires, onde pasa os primeiros anos da súa infancia, para retornar e formarse no colexio dos salesianos de León. Inicia a carreira de Arquitectura en Barcelona, interrumpida pola Guerra Civil e obrigado á retornar á casa familiar do Barco de Valdeorras. Aquí é, onde a través de amigos soldados desprazados pola guerra, cartéase e coñece á carballiñesa María Asunción Gómez Muñoz (“Muñeca”), coa que se casará en 1947 e terá dous fillos. Dende entón establécese no Carballiño, rúa Mosquera 32, como comercial de “Las Novedades”. A un tempo que impartirá clases de debuxo no Colexio dirixido por don Xoán Corral. Sumándose a toda actividade cultural nun Carballiño singular pola súa vida comercial e festiva, en espazos como o “Sporting Club”, creación do Casino, organización de Entroido na rúa e en varias salas…. Gran afeccionado ó campismo e ó caravaning, á fotografía, á filmación, ó ci ne e a toda innovación. Incluso asesorará e actuará en varias filmacións turísticas de prestixiosos directores sobre o Carballiño , así como promoverá a edición de tarxetas postais. Xunto coa electrónica “Cerviño” adiántense en Galicia a instalación do poste retransmisor da TV no monte da Medela que permite ver as primeiras emisións no tamén innovador “Café Royal” e nalgúns chalets…

AAmante da documentación gráfica e do coleccionismo. Colabora integralmente con varias iniciativas cinéfilas, con equipo de filmación de 16 mm, proxectando no “Auxilio Social”. Participa limitadamente na iniciativa empresarial familiar do “Cine Reque”, e tamén co “Alameda” e “Rivas”. Farao como asesor e mesmo como rotulista das carteleiras publicitarias, e incluso, ante a falta de técnicos, realizará as funcións de proxectista. Na década dos sesenta, sendo Concelleiro de Parques e Xardíns, toma a iniciativa de repoboar o Parque con árbores autóctonas, promovendo a “Festa da Árbore”, actividade sensibilizadora que contará coa participación de escolares. Así mesmo con Ramón Valeiras e Luís Padrón, entre outros, será ideólogo e creador no 1962 da “Festa do Pulpo ”, a primeira celebración, ou gran romería, dedicada a enxalzar un produto da cociña tradicional galega.

Dada a súa habilidade para o debuxo, especialmente para a rotulación, será galardoado e destacado como cartelista das Festas Patronais do Carballiño , así como da “Festa do Pulpo”. Incondicional co asociacionismo cultural e coas tradicións festivas parroquiais da comarca. Na segunda década do século XX poucas eran, nas Terras do Carballiño, as festas, os protocolos, as agrupación culturais ou empresas que non se encabezaran cunha pancarta, bombo, bandeira ou logo significado e rotulado desinteresadamente polo biografiado. Como toda obra artesán, moitas das súas obras están feitas sen asinar: se a caso na súa produción cartelística farao como “Flópez” ou “Felipe”.

Los carteles de la «Festa do Pulpo» fueron todos realizados por Felipe Luis López López, convirtiendose en auténticas obras de arte para coleccionistas.
Octavio, Festa do Pulpo
A partir del año 1996 los carteles ha pasado a realizarlos Felipe Senén López, hijo de Felipe Luis López.
Octavio, Festa do Pulpo