Octavio, Mascota da Festa do Pulpo


mascota_festa_pulpo
Octavio, a mascota oficial da Festa do Pulpo do Carballiño

EO pulpo Octavio pasou a ser a mascota oficial da festa do pulpo do Carballiño de xeito oficial no ano 2012, ano, que coincide coa celebración do 50 aniversario. Ese mesmo ano rexístrase a mascota de xeito oficial por parte do Concello, para que represente a Festa do Pulpo do Carballiño nos diferentes elementos gráficos asociados a esta, tanto de promoción coma de marchandizaxe.

A mascota Octavio, representa un pulpo en diferentes posicións, inspiradas nos movementos do pulpo no seu hábitat natural.