FAMILIAS PULPEIRAS DE ARCOS:

Existe constancia do antigo oficio xa no ano 1752 (século XVIII), desenvolvido principalmente por algúns habitantes de Santa María de Arcos que rexistra 5 pulpeiras e San Juan de Arcos outras 5, en moitos casos quedan descritos como “tratantes de peixe”, comerciando con ambos os dous produtos.
Oficio nacido na feira, naquel entón controlada polo mosteiro e situada astutamente polos monxes nunha encrucillada de camiños, onde á vez que comerciaban as súas xentes eles recollían os tributos dos seus fregueses. Este punto de comercio, desenvolve o que é hoxe en día o casco histórico da cidade, o barrio de Flores, dende onde crece ata chegar a ser a vila do Carballiño que hoxe coñecemos.
Considerado como un traballo semi-ambulante, os pulpeiros non só se centran nesta feira tamén desprázanse a outras festas, feiras e romaxes máis próximas, regresando ao fogar para continuar coas actividades agrícolas e gandeiras de autoabastecemento.
Descrito en numerosos libros da época onde, grazas a catastros rigorosos, se fai referencia a este gremio e a outros oficios artesanais como zapateiros, curtidores de coiro, xastres, cestas da costura, panadeiros, etc, destaca o de aceiteiro, ou “tratantes de aceite”, aderezo fundamental, que dan apoio ao traballo dos pulpeiros, oficio tamén encunado en Arcos.

Mencionado dende un punto de vista costumista, o antigo oficio de pulpeiro queda perpetuado xeracionalmente entre as familias de Arcos, non só polos avances que facilitan o seu traballo e o grande éxito destes en toda festa laica ou relixiosa, senón tamén polos mozos casadeiros que se ben namorados, ambas as dúas familias buscan un enlace honorable e digno para ambos os dous noivos, á vez que vantaxoso, estreitando lazos comerciais dentro do gremio.

NA ACTUALIDADE:

A necesidade deste colectivo de aumentar a súa distribución para xerar maiores ingresos sen limitarse a datas concretas de eventos e á demanda costumista tan instaurada en toda a provincia de Ourense nas últimas décadas, failles evolucionar posicionándose en puntos estratéxicos da cidade, estradas moi transitadas e pobos, constituíndo pincho ou prato principal do menú familiar durante algúns sábados e todos os domingos do ano.
Queda recoñecido, pola dureza do oficio, o trasfego ambulante e o desafío constante á climatoloxía durante todo o ano, o sacrificio incansable deste colectivo ao longo de máis de tres séculos, chegando con forza e prestixio profesional ata os nosos días.

Ver Galería Histórica

SEÑAS E UTENSILIOS IDENTIFICATIVOS:

Pequeno apartado, non menos importante, para detallar o ancestral modo de preparar o polbo e dos utensilios e materiais empregados sen practicamente variacións dende os seus primeiros tempos, onde tres utensilios clave son: leña de carballo para o lume, pota de cobre e prato de madeira natural de piñeiro, que unha vez cocido o polbo se serve con tres sinxelos aderezos: aceite, sal gordo e pemento, dando como resultado o coñecido prato que dá nomee de “polbo feira”.
Dentro dos mesmos sinais de identidade deste gremio distínguense entre eles, ben de xeito individual ou familiar, por medio do prato no que serven o polbo, marcando na súa madeira as iniciais ou signos do profesional, conseguindo por unha lado resaltar a súa antigüidade e orixe, e por outro lado contabilizando a maior cantidade de pratos servidos sendo un claro indicador do éxito do pulpeiro.

TRANSPORTE E CONSERVACION:

Especial mención aos arrieros que transportaban dende a costa os tributos do convento, dando lugar a un tipo de arriero profesional que vende aos pulpeiros congregados no espazo feiral do mosteiro, á vez que comercia con outros produtos da costa e se leva outros do interior no seu camiño de regreso aos portos.
O medio de transporte máis antigo utilizado por estes arrieros, que traen e levan os variados produtos, realízase a lombos de animais ou ben en carros de tracción animal, facendo deste oficio un modo de vida ambulante por pobos e camiños.
De animais e carretas que prevaleceu ata o ano 1920, o arriero tradicional se paso ao automóbil, moderno medio de transporte, como último intento para competir e manter o seu oficio ata a súa progresiva desaparición en 1930, sendo substituídos por transportes de tracción mecánica de gran capacidade. Medios en expansión que ademais de mercadoría levaban pasaxeiros, como foron as liñas de autobuses, trens e camións, facilitando o traballo dos pulpeiros que recollen a mercadoría en puntos próximos ou mesmo a posibilidade de viaxar para recollela en porto. Co que o oficio de arriero, personaxe intermediario, desapareceu.
Coa conservación do Polbo por medio da conxelación, cara á década de 1960, xorde un transporte específico e profesional deste sector, para levar os produtos do mar ao interior, que se desdobra en dúas formas de abastecer os pulpeiros. Por un lado armadores e almacenistas vigueses que introducen o Polbo conxelado xa en alta mar, conservándoo en cámaras frigoríficas dispostas en porto e tamén na mesma zona de Arcos. Por outro lado o trato directo de pulpeiros con pescadores de confianza que acumulan a súa pesca conxelada en porto e por medio de camións e furgonetas frigoríficas, que as propias familias de pulpeiros posúen, acoden directamente a porto a polas cantidades que necesitan e que unha vez en Arcos almacenan en grandes cámaras frigoríficas pertencentes a outras familias pulpeiras, familias que nun o seu orixe só desempeñaban o oficio agora tamén surten ao maior sector pulpeiro de Arcos.