Presentación do cartel da 60 Festa do Pulpo
Representantes das institucións estatal, autonómica e provincial, así como das entidades e empresas patrocinadoras, xunto co presidente da asociación de pulpeiros e a deseñadora do cartel, Ari Quintas, asistiron a este evento, que se desenvolveu no salón de plenos do concello e culminou diante da escultura da pulpeira na Praza Maior.
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, concede o título de Festa de Interese Turístico Internacional á Festa do Pulpo do Carballiño.
O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe a resolución da Secretaría de Estado de Turismo, organismo dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, do 4 de xullo, pola que se lle concede o título de Festa de Interese Turístico Internacional á Festa do Pulpo do Carballiño.
Precisamente, mañá xoves terá lugar a presentación oficial no concello do cartel e da sesenta edición da festa, que se celebrará por primeira vez con este rango turístico internacional.
? O Carballiño promociónase en Madrid.
O Concello do carballiño, a través da súa area de turismo, ven de contratar unha valla publicitaria na Estación da Avenida de América en Madrid. A acción enmárcase dentro do plan de dinamización turística que está a levar a cabo o goberno local e que conta, según palabras do concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, “establecer unha serie de actuacións para aprobeitar a oportunidade que surxiu logo da chegada do Ave a Ourense”. Dende o goberno municipal afirman que o Carballiño é unha das vilas de Galicia que atrae a máis turistas e que conta con numerosos recursos de tipo medioambental, arquitectónico e gastronómico. Ademais tamén están ultimando a programación de verán ca que pretenden dar continuidade , logo das restriccións do covid, ás actividades que supuxeron un éxito nos últimos veráns e foron un verdadeiro motor económico para os diversos sectores da vila.
A campaña que se pón en marcha con esta acción realízase a través dun anuncio nunha valla publicitaria na Estación da Avenida de América, que xa está instalada, en pleno centro da capital de España. Unha infraestructura que é un intercambiador de transportes de Madrid, que conta con línea de metro e autobuses urbanos , interurbanos e de longo percorrido. Pola mesma, pasán ó mes, máis de seis millóns de viaxeiros, polo que o concello conta ter un importante impacto con esta campaña, na que a festa do pulpo é a gran protagonista e na que tamén se fai referencia ó templo da Veracruz,ós balnearios da vila e ó parque etnográfico do Carballiño.
Stand da mancomunidade turística O Ribeiro-O Carballiño na feira Xantar en Expourense
Carballiño no Xantar



O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e o presidente da mancomunidade e alcalde de Leiro, Francisco Fernández, foron os anfitrións.
Torneo de Golf Festa do Pulpo
Torneo de Golf Festa do Pulpo, con premios para xantar en restaurantes da vila.
- 1° skratch 2 pax.
- 1° handicap 2 pax.
- 2° ” 2 pax.
- 3 ° ” 2 pax.
Presentación do cartel da Festa do Pulpo 2021

O alcalde, concelleiros e patrocinadores asistiron hoxe ao acto de presentación do cartel da 59 Festa do Pulpo.
Tamén se diron a coñecer os locais hostaleiros que teñen abertas as reservas para o xantar do domingo:

Magnífico cartel de Ari Quintas da 59 Festa do Pulpo, dedicada ao comercio e á hostalería.
Unha edición que, debido á pandemia, volverá a celebrarse na vila con postos de pulpo nas rúas e nos locais hostaleiros, mediante reservas e mantendo todas as medidas preventivas previstas pola normativa covid.
Non haberá ningún tipo de actividade no parque municipal, e os actos culturais programados durante toda a semana desenvolveranse respectando o cumprimento das normas de aforo, separación e seguridade establecidas en prevención da covid.
O cartel foi elaborado pola deseñadora carballiñesa Ari Quintas, autora dos carteis destes últimos anos. Editáronse 1.500 carteis, que xa se comezaron a distribuir polos locais comerciais e hostaleiros da vila.
A ONCE emite un cupón dedicado á Festa do Pulpo do Carballiño
A ONCE emite un cupón dedicado á Festa do Pulpo do Carballiño. En concreto, correspóndese co sorteo do 5 de agosto.


