josebarros

About José Barros

This author has not yet filled in any details.
So far José Barros has created 17 blog entries.

Concurso de fotografía “O mellor pulpo nunca falta no Carballiño”

2020-08-07T10:16:18+02:00ACTIVIDADES @gl, FESTA DO PULPO @gl|

Participa con fotografías do pulpo no Carballiño, das Xornadas Gastronómicas, doutros anos na Festa do Pulpo…

✅ Para participar segue estos pasos:

  • ▶️ Rexístrate mediante o formulario.
  • ? Sube a fotografía coa que participas.
  • ➡️ Comparte a túa foto cos amigos.

?️ Sube as túas fotografías ata o domingo 09-08-2020 e vota ata o domingo 16-08-2020

? As 10 fotografías máis votadas recibirán un pack de Gadis “Vivamos como galegos”

Participa pinchando aquí

 

Vídeo homenaxe ao proceso de elaboración do pulpo e ás pulpeiras e pulpeiros

2020-08-03T08:43:59+02:00ACTIVIDADES @gl, FESTA DO PULPO @gl, VÍDEOS|

Vídeo homenaxe ao proceso de elaboración do pulpo e ás pulpeiras e pulpeiros que converteron este manxar nun símbolo de O Carballiño recoñecido no mundo enteiro.

Comparte e sobre todo lembra que aínda que este ano non podemos celebrar a Festa… o mellor pulpo nunca falta en O Carballiño.

Concurso de Debuxo Infantil “Que é para ti o pulpo”

2020-08-03T08:35:48+02:00ACTIVIDADES @gl|

Se tes menos de 14 anos, sube o teu debuxo e poderás gañar vales de compra do CCA!

✅ Para participar sigue estos pasos:

  • ▶️ Rexístrate cun adulto mediante o formulario.
  • Sube o debuxo co que participas.
  • ➡️ Comparte o teu debuxo cos amigos.

?️ Sube os teus debuxos ata o domingo 09-08-2020 e vota ata o venres 14-08-2020 no seguinte enlace https://pr.easypromosapp.com/p/899280

Presentación das Xornadas Gastronómicas do Pulpo

2020-07-30T17:09:39+02:00ACTOS @gl, EVENTOS @gl, FESTA DO PULPO @gl|

Trinta e nove locais hostaleiros participarán nas Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebran do 3 ao 9 de agosto.

As Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebrarán do 3 ao 9 de agosto, contarán coa participación de trinta e nove locais hostaleiros, dos cales vintecatro ofrecerán pulpo durante toda a semana, e quince máis o farán o sábado e o domingo, días 8 e 9. Así mesmo, o domingo 9 haberá uns vinte postos de venda de pulpo nas rúas e prazas da vila.

Este evento foi presentado hoxe, xunto co cartel, polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Manuel Dacal dixo que o obxectivo era ofrecer a posibilidade de degustar o plato máis característico da gastronomía carballiñesa, como é o pulpo á feira, dun xeito totalmente seguro tanto para os visitantes como para os veciños, e por eso non ía haber ningún tipo de acto oficial nin concentracións de xente, senón que se trata de dinamizar o comercio e a hostalería local con todas as garantías de cumprimento da normativa polo covid 19.

Así, recoméndase reservar calquera día da semana nalgún dos establecementos hostaleiros que participan nestas xornadas, para xantar e disfrutar dun tempo de lecer no Carballiño.

Manuel Dacal destacou a calidade do cartel deseñado pola carballiñesa Ari Quintas, que xa realizou os carteis da Festa do Pulpo dos dous últimos anos, e que plasma con moita beleza plástica o verdadeiro significado desta tradición e celebración gastronómica do Carballiño.
Por isto, expresou o seu agradecemento.

E tamén agradeceu a colaboración das entidades e empresas patrocinadoras:

  • Inorde
  • Deputación Provincial de Ourense
  • Xunta de Galicia
  • Abanca
  • Gadis
  • Aceites Abril
  • Estrella Galicia
  • Adega Pazo Tizón
  • Destilería Paniagua
  • Cer&Ber
  • Aparthotel Arenteiro
  • Akunatura.

Diego Fernández referiuse ao programa cultural que antecede ás xornadas gastronómicas, e que se desenvolverá durante esta fin de semana, con actividades infantís e familiares e para todo tipo de público, que terán lugar no anfiteatro da Veracruz e na Praza Maior.

Así, destacou o xoves, 30, a proxección da película de animación La Gallina Turuleca, e o xoves 6 de agosto a película Los Miserables; o venres, 31, o espectáculo infantil Voa, voa, e o festival de música folk con dous concertos de Caldo e Isidro Vidal; o sábado, 1 de agosto, actuación do pallaso Peter Punk e do Mago Teto; e o domingo, Os monicreques do Kukas e o concerto infantil de Xoán Curiel.

Diego Fernández referiuse ao bo comportamento do público nos actos culturais que se teñen celebrado ata agora, e expresou o seu desexo de que se poda continuar na mesma línea, dinamizando a vida cultural do Carballiño cumprindo a normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

O Concello do Carballiño cambia a celebración da Festa do Pulpo por unha semana gastronómica

2020-07-08T10:48:30+02:00FESTA DO PULPO @gl|

O concello cambia a celebración da Festa do Pulpo por unha semana gastronómica na vila entre o 3 e o 9 de agosto, co pulpo á feira como protagonista.

Non haberá actividade no parque municipal, nin actos que supoñan masificación.

A Festa do Pulpo do 2020 non se celebrará como tal, senón que se cambia por unas xornadas gastronómicas na vila entre o 3 e o 9 de agosto, nas que o protagonismo seguirá recaendo no pulpo ao estilo feira, que se poderá degustar nos bares, mesóns e restaurantes do casco urbano, que ofrecerán un menú típico da Festa do Pulpo, como é a carne ao caldeiro e empanada, ademais doutras posibles ofertas culinarias da hostalería local.

De feito, durante esa semana, o concello autorizará a instalación de postos de pulpo nas rúas e prazas da vila, dun modo semellante a como se fai os días de feira, e incluso se permitirá algún emprazamento máis, co obxectivo de facilitar que as persoas que desexen degustar o pulpo no Carballiño o podan facer calquera día desa semana, evitando posibles aglomeracións.

Coa finalidade de garantir a separación de seguridade, así como o cumprimento da normativa sanitaria polo covid 19, recoméndase reservar mesa nos establecementos hostaleiros da vila para calquera día da semana, sobre todo o venres, 7 de agosto, o sábado, 8 de agosto, e o domingo, 9 de agosto.

Precisamente, estes dous últimos días son os que haberá un maior número de pulpeiros e pulpeiras cocendo na rúa e prazas da vila, tal e como o manifetaron durante a reunión que mantiveron este pasado luns cos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Onte á tarde tívose outra reunión co sector hostaleiro para falar do menú que se ofertará durante eses días, así como para garantir o cumprimento da normativa en materia de separación e prevención, e promover as reservas de mesas.

Durante esa semana tamén haberá actos culturais de pequeno formato, tanto infantís como para dultos, con aforo limitado a 150 persoas, que terán lugar na Praza Maior, no entorno da Veracruz e na explanada do Parque Municipal, con cadeiras desinfectadas e nos que se cumprirán estrictamente as medidas de separación e prevención sanitaria establecidas para este tipo de actos, como levar mascarilla e lavar as mans cunha solución hidroalcólica á entrada. Pese a celebrarse ao aire libre, estes recintos estarán acotados por vallas.

Cine, teatro e música, con preponderancia dos grupos locais, permitirán manter viva a actividade cultural no Carballiño, pero evitando calquera tipo de aglomeración.

Neste sentido, compre destacar que non se permitirá o consumo de bebidas fóra das terrazas ou do interior dos locais hostaleiros, e gardando sempre as medidas de separación e prevención establecidas, quedando totalmente prohibido a instalación de barras no exterior dos locais ou de columnas de sonido, como se solía facer na víspera da Festa do Pulpo.

A Policía Local velará polo cumprimento desta prohibición, así como de que se organicen “botellóns” pola mocidade, que non se permitirán en ningún caso.

Ao non celebrarse a Festa do Pulpo do 2020 como tal, tampouco terá lugar ningún dos actos programados nos anos anteriores, como son a elaboración da tapa xigante de pulpo, nin a Festa das Camisetas, entre outros.

Con estas medidas, o concello pretende apoiar á hostalería e ao comercio local, así como ao sector do pulpo, durante a primeira semana de agosto, pero garantindo en todo momento o cumprimento estricto das medidas de separación e prevención establecidas.