ACTOS @gl

Presentación das Xornadas Gastronómicas do Pulpo

2020-07-30T17:09:39+02:00ACTOS @gl, EVENTOS @gl, FESTA DO PULPO @gl|

Trinta e nove locais hostaleiros participarán nas Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebran do 3 ao 9 de agosto.

As Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebrarán do 3 ao 9 de agosto, contarán coa participación de trinta e nove locais hostaleiros, dos cales vintecatro ofrecerán pulpo durante toda a semana, e quince máis o farán o sábado e o domingo, días 8 e 9. Así mesmo, o domingo 9 haberá uns vinte postos de venda de pulpo nas rúas e prazas da vila.

Este evento foi presentado hoxe, xunto co cartel, polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Manuel Dacal dixo que o obxectivo era ofrecer a posibilidade de degustar o plato máis característico da gastronomía carballiñesa, como é o pulpo á feira, dun xeito totalmente seguro tanto para os visitantes como para os veciños, e por eso non ía haber ningún tipo de acto oficial nin concentracións de xente, senón que se trata de dinamizar o comercio e a hostalería local con todas as garantías de cumprimento da normativa polo covid 19.

Así, recoméndase reservar calquera día da semana nalgún dos establecementos hostaleiros que participan nestas xornadas, para xantar e disfrutar dun tempo de lecer no Carballiño.

Manuel Dacal destacou a calidade do cartel deseñado pola carballiñesa Ari Quintas, que xa realizou os carteis da Festa do Pulpo dos dous últimos anos, e que plasma con moita beleza plástica o verdadeiro significado desta tradición e celebración gastronómica do Carballiño.
Por isto, expresou o seu agradecemento.

E tamén agradeceu a colaboración das entidades e empresas patrocinadoras:

  • Inorde
  • Deputación Provincial de Ourense
  • Xunta de Galicia
  • Abanca
  • Gadis
  • Aceites Abril
  • Estrella Galicia
  • Adega Pazo Tizón
  • Destilería Paniagua
  • Cer&Ber
  • Aparthotel Arenteiro
  • Akunatura.

Diego Fernández referiuse ao programa cultural que antecede ás xornadas gastronómicas, e que se desenvolverá durante esta fin de semana, con actividades infantís e familiares e para todo tipo de público, que terán lugar no anfiteatro da Veracruz e na Praza Maior.

Así, destacou o xoves, 30, a proxección da película de animación La Gallina Turuleca, e o xoves 6 de agosto a película Los Miserables; o venres, 31, o espectáculo infantil Voa, voa, e o festival de música folk con dous concertos de Caldo e Isidro Vidal; o sábado, 1 de agosto, actuación do pallaso Peter Punk e do Mago Teto; e o domingo, Os monicreques do Kukas e o concerto infantil de Xoán Curiel.

Diego Fernández referiuse ao bo comportamento do público nos actos culturais que se teñen celebrado ata agora, e expresou o seu desexo de que se poda continuar na mesma línea, dinamizando a vida cultural do Carballiño cumprindo a normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

Homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez

2019-12-19T10:16:37+01:00ACTOS @gl|

O concello rendeu homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez pola súa contribución á consolidación da Festa do Pulpo.

O salón de plenos do concello do Carballiño quedouse hoxe pequeño para acoller ás ducias de persoas que asisistiron esta mañá ao acto de homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez con motivo da 57 edición da Festa do Pulpo.

O alcalde, Francisco Fumega, resaltou que “ao longo dos 57 anos da Festa do Pulpo foron moitas as persoas que contribuiron á súa consolidación e crecemento ata chegar a ser a gran festa gastonómica que é actualmente, probablemente unha das mellores de Galicia e de España. E non cabe dúbida algunha de que una destas persoas é Argimiro Mornotes Rodríguez”.

Fumega dixo que “Argimiro foi un dos grandes impulsores desta festa.Cando ía pola décima edición promoveu que Fernando Sánchez Bella, sendo ministro de Informacion e Turismo, a declarase Festa de Interese Turístico. Foi tamén quen convocou durante varios anos un concurso periodístico para premiar os mellores artículos e reportaxes publicados nos medios de comunicación, o que contribuiu a difundir a festa nos xornais e nas radios. E, sobre todo, contribuiu a que esta festa fose o gran encontro anual da emigración da nosa comarca e de Galicia”.

O rexedor carballiñés engadiu que “sendo alcalde comezaron a dedicarse as diferentes edicións da festa aos centros galegos do mundo, e isto axudou a que a que a Festa do Pulpo comezase a coñecerse fóra de España”.

“Así, pois –dixo Fumega-, son moitos os méritos que avalian este recoñecemento do concello do Carballiño e da Festa do Pulpo a Argimiro Marnotes Rodríguez. Ademáis, non hai que esquecer que, nos primeiros anos da Festa do Pulpo, cando en Galicia había e hai multitude de romarías dunha gran tradición, non era tan doado convencer aos pulpeiros e taberneiros para que estableceran os seus postos no parque municipal. Foi o seu empeño quen propiciou que hoxendía o parque municipal estea absolutamente colmado de postos de pulpo, de tabernas, de bares e de todo tipo de produtos”.

“Por iso que –concluiu Fumega-, pola súa contribución á consolidación desta festa, é polo que lle rendemos hoxe esta homenaxe e lle facemos entrega dunha placa en recoñecemento á súa aportación á Festa do Pulpo do Carballiño”.

A continuación o alcalde fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento “á súa
contribución á consolidación e realce da Festa do Pulpo”.

Argimiro Marnotes agradeceu a deferencia e fixo extensible este recoñecementos a todas as persoas que durante os 57 anos de historia da festa puxeron o seu grao de area.
Tamén se referiu ao período no que era complicado conseguir que os bares e os pulpeiros acudisen ao parque municipal, e a que, tras conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico na décima edición, non tivese valor máis adiante e houbese que repetir a solicitude de declaración.

Tamén dixo que a partir de 1974, cando Argimiro Marnotes foi elexido alcalde, comezou a promocionar a festa convocando un concurso periodístico na prensa e despois na radio, e a dedicar cada edición aos centros galegos no mundo.

E, finalmente non se esqueceu das ducias de rapaces voluntarios que durante varias edicións colaboraron coa festa servindo no recinto oficial e realizando outras labores de apoio.

Presentación Programa e Cartel Festa do Pulpo 2017

2020-01-09T13:09:39+01:00ACTOS @gl, FESTA DO PULPO @gl|

Durante quince días, do 28 de xullo ao 13 de agosto, O Carballiño ofrecerá un amplo programa de actividades culturais, deportivas e de ocio para dinamizar a LV Festa do Pulpo. O programa foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente.

festa-do-pulpo-2017-portada

CONCERTOS, ANIMACIÓN DE RÚA E ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E DE OCIO COPAN A PROGRAMACIÓN DA FESTA DO PULPO

O GRUPO LA UNIÓN PECHARÁ O VENRES 11 DE AGOSTO UN CICLO DE QUINCE DÍAS CON GRANDES CONCERTOS DE TODO TIPO DE MÚSICAS

RENDERASE UNHA HOMENAXE Á FAMILIA DE JULIO GÓMEZ, DA XEADERÍA LA IBENSE

Os eventos comezan mañá cunha andaina nocturna aos petroglifos de Cangues e rematarán co concerto do grupo de musica pop La Unión, o venres 12 de agosto. Entremedias sucederanse concertos como os de Músicas de Sofá o venres e sábado 4 e 5 de agosto; Os Coribantes co grupo de pandereteiras Maianas e Manuele de Felisa, o luns 7; Budiño e Mercedes Peón, o mercores 9, e o Festival Folclórico Internacional, o xoves 10. Asemade, a Tapa de Pulpo máis grande do mundo, que será o martes 8, e outras actividades deportivas e de animación de rúa que se desenvolverán polos barrios.

O domingo 30 tamén darán comezo as Xociviga 2017, cunha semana de proxeccións no auditorio, exposicións e publicacións de interese cinematográfico.

Nesta edición a Festa do Pulpo renderá homenaxe a La Región Internacional polo 50 aniversario, e a Julio Gómez e a súa dona Lurdes Masid, xeadeiros de La Ibense.

Francisco Fumega resaltou a diversidade e calidade dos actos que se desenvolverán durante este tempo de verán no que O Carballiño duplica a poboación e se incrementan significativamente o número de turistas.

Diego Fernández tamén se referiu ao carácter aberto do programa, pensado para todos os públicos e co obxectivo de atraer a moitos visitantes, según dixo.

José Manuel Dacal centrouse na semana grande, que comezará coa banda de música popular Os Coribantes e rematará co gran concerto na Praza Maior do grupo La Unión, así como a xornada do sábado dedicada ás peñas das camisetas, a emisión en directo do programa da TVG Aquí Galicia, e o propio día da Festa do Pulpo, o domingo 13 de agosto, coa romaría no parque municipal. A Banda de Gaitas de Xixón será o grupo invitado nesta ocasión. E o fin de festa correrá a cargo de Pili Pampón.

O concello editou 5.000 dípticos coa programación que comezarán a distribuirse mañá pola provincia e toda Galicia.

Finalmente, agradecieron aos patrocinadores, institucións, entidades e empresas, así como ao resto das concellerías municipais a súa colaboración, sen a cal non sería posible poñer en marcha un programa tan ambicioso.

festa-do-pulpo-2017-interior
cartel-2017

Premio Europeo Frigoríficos Arcos

2020-01-09T13:29:33+01:00ACTOS @gl|

O CONCELLO FELICITA Á FAMILIA GONZÁLEZ ATANES POLO PREMIO EUROPEO ACADADO CO PULPO ENVASADO COCIDO AO VAPOR NO SEU XUGO

O PRODUTO “A PULPEIRA” DE FRIGORIFICOS ARCOS RECIBIU DÚAS ESTRELAS DE OURO DO PRESTIXIOSO INSTITUTO “iTQi” EN BRUSELAS

 

O concello do Carballiño felicitou hoxe á familia González Atanes polo premio á calidade acadado recentemente en Briselas polo produto comercializado pola empresa da súa propiedade, Frigoríficos Arcos S.L., coa marca “A Pulpeira”.

Nun acto presidido polo alcalde, Francisco Fumega, o concello galardoou á pulpería Frigoríficos Arcos cun recoñecemento pola súa labor na expansión do prato principal da gastronomía carballiñesa, o pulpo. O acto contou coa presenza do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Dacal, así como dos irmáns Daniel e Camilo González Atanes, propietarios de Frigoríficos Arcos e promotores da marca A Pulpeira.

Fumega resaltou o mérito desta empresa, con máis de cincuenta anos de andaina,  e agradeceu o feito de espallar un prato típico alén das fronteiras, levando sempre como escudo o nome do Carballiño. “i+D+i, innovación e calidade, este é o camiño do futuro”, dixo o alcalde, que se amosou orgulloso de que o parque empresarial do Carballiño acolla unha iniciativa de tanta proxección nacional e internacional.

Pola súa parte, Daniel González Atanes, afirmou que o que pretendían era mellorar os estándares de calidade na elaboración do cefalópodo, e tanto el coma seu irmán, Camilo, coinciden en que o recoñecemento de carácter mundial que tivo o seu produto é todo un orgullo, algo que rebotará en beneficio do Carballiño.

Baixo a marca A Pulpeira, “Frigoríficos Arcos” SL logrou dúas estrelas de ouro nos premios do Instituto do Sabor e Calidade (iTQi), con sede en Bruselas. O xurado deste certame está composto polas asociacións culinarias máis prestixiosas de Europa, como Verband der Köche Deutschelands, a Federación de Asociaciones de Cocineros de España ou os Maitres Culinaire de Francia, entre outros. Dentro delas, podemos atopar chefs da talla de Ferrán Adriá, Mario Sandoval ou Alberto Chicote. Nos premios ó Sabor Superior do iTQi participan empresas de máis de 120 países, como Estrella Galicia, Pascual, Heineken ou Coca Cola.

“Frigoríficos Arcos” SL encárgase de conxugar tradición con innovación. Encabezado polos irmáis Daniel e Camilo González Atanes, teñen moi interiorizada a maneira de cociñar o pulpo propia das pulpeiras de Arcos, que é o que lle introduce a distinción pola que é coñecida a vila do Carballiño. Tendo isto como base, o resto é colleita propia. A marca A Pulpeira renova o mercado coa súa nova maneira de facer: o pulpo cocido ó vapor. O proceso comeza coa materia prima de maior calidade, pasando polo envasado ó baleiro e a cocción ó vapor deste no seu propio xugo, o que se traduce nunha explosión de sabor potenciado grazas á conservación das súas vitaminas, proteínas e sales minerais, mantendo o sabor a mar. Trátase dun produto da maior calidade, que pode conservarse ata 150 días refrixerado e de fácil recuperación no microondas, na grella ou a “baño maría”.

O produto dos irmáns Atanes é resultado de dous anos de investigación e probas en canto a calidade e sabor. Trátase dun prato que é empregado por chefs de toda España, e que se comercializa de maneira internacional, chegando a lugares como Australia, Corea do Sur e Inglaterra.

Actualmente, a produción é de 25.000 quilogramos ao mes, e a venta ao exterior acada xa un 12%.

Homenaxe ao chef Manuel Domínguez

2020-01-09T16:12:02+01:00ACTOS @gl, FESTA DO PULPO @gl|

O CHEF CARBALLIÑÉS MANUEL DOMÍNGUEZ CARRETE, DISTINGUIDO  COMO EMBAIXADOR DA LIV FESTA DO PULPO E DO CARBALLIÑO EN MADRID.

O concello do Carballiño rendeu hoxe homenaxe a Manuel Domínguez Carrete, chef do restaurante Lúa, e entregoulle unha placa coa distinción de Embaixador da Festa do Pulpo e do Carballiño en Madrid. O acto, que estivo presidido polo alcalde da vila, Francisco Fumega, contou coa presenza do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Dacal, o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira e a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, así como a nai de Manuel Domínguez, Adela Rosa Carrete e as xefas de cociña e sala do restaurante Lúa, Paula Villanueva e Mari Morales, ademais do propio cociñeiro e empresario restaurador carballiñés Manuel Domínguez.

 

Francisco Fumega resaltou que o traballo de Manuel Domínguez Carrete é “un exemplo para a mocidade carballiñesa como modelo de emprendemento e creatividade”. Do mesmo xeito, agradeceulle o feito de “abrir unha porta que conduce ó progreso e ó éxito”.

 

O restaurante Lúa é unha referencia da nova cociña na capital de España, e  conta cunha Estrela Michelín dende finais do ano pasado. O seu chef e impulsor, Manuel Domínguez, prepara o polbo, prato estrela de Galicia, dos xeitos máis innovadores. O seu traballo supón o prólogo a un salto cualitativo en canto a calidade e servizo no modo de cociñar o cefalópodo.

 

No remate da presentación, Domínguez Carrete agradeceu esta homenaxe e o recoñecemento do concello do Carballiño, así como a confianza que a súa familia depositou nel, con especial mención ó seu pai. Do mesmo xeito referiuse á relevancia do apoio brindado polas súas xefas de cociña e sala, Paula Villanueva e Mari Morales, que, en palabras de Carrete, “cada vez se senten máis galegas”.

 

O chef carballiñés asistirá como convidado de honra á elaboración da Tapa de Pulpo Máis Grande do Mundo, que terá lugar esta tarde na Praza Mayor do Carballiño.

O Concello homenaxea a Pena Nove nos actos da Festa do Pulpo 2015

2019-11-28T12:40:48+01:00ACTOS @gl, FESTA DO PULPO @gl|

O Concello do Carballiño homenaxeará os membros da Peña Nove dentro dos actos oficiais previstos para esta edición da Festa do Pulpo. A elección deste colectivo como receptores da homenaxe foi clara. Eles foron os que, dun xeito directo, oficializaron a Festa do Pulpo, que pasou de ser una reunión de amigos para xantar no parque , a una festa gastronómica municipal que, co paso dos anos, converteuse na festa gastronómica máis importante de toda Galicia, e que desperta un gran interese fora da comunidade autónoma e fora das fronteiras nacionais.

A Pena Nove estaba formada por un grupo de carballiñeses, con amplias inquietudes culturais, e que tiñan sempre a intención de aopiar cantas actividades se desenrolaban na vila. Así, cando tres membros desta peña foraron parte do goberno municipal, decidiron darlle forma oficial a festa do pulpo. En concreto foi a mediados dos 60 cando o concello faise cargo desta festa, a través da comisión de festas, para un ano despois pasar a ser una comisión aparte, tal e como decidiu o quen era alcalde nesas datas, Javier Perea.

Os integrantes desa Pena Nove foron Fontaiñas, Milucho do Estate Quieto, os dous irnamns Terceiro, Ledo, Pachó, Gonzalo, Juan Victor e Benigno, e posteriormente se incorporó, como o convidado de excepción, xa que sempre participou nas actividades da Pena, Alfonso Cerviño. Así mesmo foron nomeados menbros de honra desta Pena o profesor Don Juan Corral, e ó alcalde de entonces Javier Perea.

Ademáis de ser os impulsores desta festa gastronómica nos haberes e logros da Pena Nove están el ser os primeiros que celebraron una misa en Galego no día da Letras Galegas, a primeira misa que se oficiaba na ligua nai en todala provincia nesa década dos 60.

Así mesmo foron os impulsores tamen da proba automovilística do Ralli do Lacón , e a base do entroido ca formación da charanga Os Liborianos.

Por todo elo o concello decidiu dedicar a homenaxe desta ano da Festa do Pulpo a este grupo de carballiñeses tan activos dende a sua orixen. A homenaxe será o luns 3 de agosto no concello do Carballiño as 12:00 horas.

O Carballiño capital do termalismo galego

2015-07-29T13:25:44+02:00ACTOS @gl, PRESENTACIONS|

Este martes o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, ianuguraba o curso de termalismo e bioloxía, que un ano máis organiza a Universidade de Vigo en terras do Orcellón. O curso, que conta ca participación de alumnos das universiades galegas, foi presentado polo seu director, Avelino Muleiro, acompañado de Luis Rodríguez e Louredes Mourelle. Pola súa banda Francisco Fumega destacou a importancia de levar o termalismo a universidad, de animar os estudiantes a interesarse por esta ciencia que ten en Galicia un referente mundial, e no Carballiño o seu orixen. Non esqueceu o alcalde carballiñés de lembrar as cualidades das augas locais e da ligazón que tivo, dende sempre, O Carballiño ca auga, xa foroa dos seus manatiais mineromediciñais ou dos seus ríos dende onde partiu una boa parte da economía local durante moitas décadas.

O curso desenvolverase no Carballiño ata o vindeiro 31 de xullo, e os alumnos poderán descubrir todalas apliacións do termalismo,c on practicas en centros termais destacados de Galicia como A Toxa, ou o Talaso Atlántico.

Este curso será clausurado o 31 de xullo, as 12:30  horas, pola secretaria xeral de Turismo Nava Castro, que ofrecerá unha conferencia sobre o turismo e o termalismo, e posteriormente fará entrega dos dilpomas acreditativos ós alumnos participantes.

Presentación do cartel da 53 edición da Festa do Pulpo obra do artista carballliñés Xesús Carballido

2020-01-09T18:03:10+01:00ACTOS @gl|

Nesta ocasión Carballido usando a técnica do Collage (técnica pola que é recoñecido dende hai tempo) creou un cartel no que destaca a imaxen do polbo, verdadeiro protagonista desta romaría gastronómica de fama internacional. A técnica do collage se basa esencialmente en la manipulación de diversos materiales utilizados como materia prima tales como periódicos viejos, revistas, papeles de colores o embalaje, fragmentos de fotos, telas, materiales sólidos, pintura acumulada, etc. Esta técnica en lugar de imitar la realidad compone las obras con trozos de realidad.
No cartel da Festa do Pulpo 2015 Carballido foi colocando distintas capas de azul, simbolizando o mar de donde chega o polbo, tendo no centro un resplandor de luz co que o artista quiso lembrar a luz especial da Coruña, a que se lle adica este ano a festa. Esa luz refelxada nas súas galerías e no mar que a rodea.
Finalmente a composición remata co rabo e a tallada de polbo, o máis siginificativo desta festa e polo que O Carballiño e coñecido nos cinco puntos cardinais.
Sobre a figura da muller, Carballido sinalou que é o elemento surealista, que rompe ca anterior realidade, aunque “esta aberto a todo tipo de interpretacións, para que quen o observa sexa tamén participe da obra dandolle o siginificado a es aparte do cartel”.
Este cartel, del que se fixeron 2000 unidades, está xa repartido por medio mundo, en concreto por todolos centros galegos no exterior, e dende hoxe estará en toda Galicia e comunidades limítrofes.

Presentación Oficial Festa do Pulpo de O Carballiño 2015

2020-01-09T18:15:52+01:00ACTOS @gl|

Este mércores, 15 de xullo, as 12:15 horas, terá lugar a presentación oficial da 53 edicion da Festa do Polbo do Carballiño, na praza de Lugo, da localidade da Coruña (cidade a que se dedica este ano a festa carballiñesa)
No acto de presentación estarán os alcaldes da Coruña e O Carballiño, xunto cos edis de turismo destas dúas corporacións.
O finalizar a presentación terá lugar unha degustación de polbo a feira para todo o presente, preparada polo campión galego de corte de polbo 2015 Francisco Gòmez.

Bases Concurso Camisetas 2014

2019-11-28T12:40:48+01:00ACTOS @gl, ACTOS @gl|

Co obxectivo de seguir incentivando a participación dos xoves na Festa do Pulpo, o Concello do Carballiño establece por décimo sexto ano consecutivo o PREMIO DAS CAMISETAS DAS PEÑAS XUVENÍS.

Participación: Poderán participar todas as peñas xuvenís que o desexen, coas únicas condicións de que teñan 10 compoñentes, como mínimo, e de que as camisetas que elaboren identifiquen por igual a tódolos seus compoñentes. Cada peña deberá presentar no Concello unha das camisetas impresas.

Prazo: O prazo para a presentación das camisetas no Concello finalizará o venres, 8
de agosto, ás 13,30 h.

Xurado: O xurado estará formado por un representante de cada peña. O seu fallo darase a coñecer no acto oficial de recepción das peñas, que terá lugar o sábado, 9 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior ou no Salón de Sesións do Concello. O xurado valorará tanto o deseño como o lema que figure impreso nas camisetas.

Premios: Establécense dous premios.

Premio o mellor deseño, dotado con 200 Euros para a camiseta que se considere polo xurado mellor realizada.

Premio a peña máis numerosa, dotado con 200 Euros para a peña que se presente con máis membros no acto de saída do desfile.

Tódalas demais camisetas presentadas a concurso polas peñas recibirán unha compensación de 60 Euros, ata un máximo de 92 peñas, segundo orde de inscripción.
Tanto para poder optar ó premio como ás axudas, as peñas concursantes deberán presentarse no acto de saida do 9 de agosto con 10 membros, como mínimo, coas respectivas camisetas postas.