FESTA DO PULPO @gl

Presentación do cartel da 60 Festa do Pulpo

2022-07-22T09:56:05+02:00FESTA DO PULPO @gl|

Representantes das institucións estatal, autonómica e provincial, así como das entidades e empresas patrocinadoras, xunto co presidente da asociación de pulpeiros e a deseñadora do cartel, Ari Quintas, asistiron a este evento, que se desenvolveu no salón de plenos do concello e culminou diante da escultura da pulpeira na Praza Maior.

 

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, concede o título de Festa de Interese Turístico Internacional á Festa do Pulpo do Carballiño.

2022-07-22T10:14:25+02:00FESTA DO PULPO @gl|

O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe a resolución da Secretaría de Estado de Turismo, organismo dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, do 4 de xullo, pola que se lle concede o título de Festa de Interese Turístico Internacional á Festa do Pulpo do Carballiño.

Precisamente, mañá xoves terá lugar a presentación oficial no concello do cartel e da sesenta edición da festa, que se celebrará por primeira vez con este rango turístico internacional.

? O Carballiño promociónase en Madrid.

2022-06-20T09:09:04+02:00FESTA DO PULPO @gl|

O Concello do carballiño, a través da súa area de turismo, ven de contratar unha valla publicitaria na Estación da Avenida de América en Madrid. A acción enmárcase dentro do plan de dinamización turística que está a levar a cabo o goberno local e que conta, según palabras do concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, “establecer unha serie de actuacións para aprobeitar a oportunidade que surxiu logo da chegada do Ave a Ourense”. Dende o goberno municipal afirman que o Carballiño é unha das vilas de Galicia que atrae a máis turistas e que conta con numerosos recursos de tipo medioambental, arquitectónico e gastronómico. Ademais tamén están ultimando a programación de verán ca que pretenden dar continuidade , logo das restriccións do covid, ás actividades que supuxeron un éxito nos últimos veráns e foron un verdadeiro motor económico para os diversos sectores da vila.
A campaña que se pón en marcha con esta acción realízase a través dun anuncio nunha valla publicitaria na Estación da Avenida de América, que xa está instalada, en pleno centro da capital de España. Unha infraestructura que é un intercambiador de transportes de Madrid, que conta con línea de metro e autobuses urbanos , interurbanos e de longo percorrido. Pola mesma, pasán ó mes, máis de seis millóns de viaxeiros, polo que o concello conta ter un importante impacto con esta campaña, na que a festa do pulpo é a gran protagonista e na que tamén se fai referencia ó templo da Veracruz,ós balnearios da vila e ó parque etnográfico do Carballiño.

Presentación do cartel da Festa do Pulpo 2021

2022-06-20T08:43:30+02:00FESTA DO PULPO @gl, PRESENTACIONS|

O alcalde, concelleiros e patrocinadores asistiron hoxe ao acto de presentación do cartel da 59 Festa do Pulpo.
Tamén se diron a coñecer os locais hostaleiros que teñen abertas as reservas para o xantar do domingo:

Magnífico cartel de Ari Quintas da 59 Festa do Pulpo, dedicada ao comercio e á hostalería.

Unha edición que, debido á pandemia, volverá a celebrarse na vila con postos de pulpo nas rúas e nos locais hostaleiros, mediante reservas e mantendo todas as medidas preventivas previstas pola normativa covid.
Non haberá ningún tipo de actividade no parque municipal, e os actos culturais programados durante toda a semana desenvolveranse respectando o cumprimento das normas de aforo, separación e seguridade establecidas en prevención da covid.
O cartel foi elaborado pola deseñadora carballiñesa Ari Quintas, autora dos carteis destes últimos anos. Editáronse 1.500 carteis, que xa se comezaron a distribuir polos locais comerciais e hostaleiros da vila.

A ONCE emite un cupón dedicado á Festa do Pulpo do Carballiño

2022-06-20T08:27:21+02:00FESTA DO PULPO @gl|

?A ONCE emite un cupón dedicado á Festa do Pulpo do Carballiño. En concreto, correspóndese co sorteo do 5 de agosto.

?Editárose 5.500.000 exemplares repartidos por toda España, e hoxe presentouse oficialmente no salón de plenos do concello.
?O cupón reproduce a imaxe dun prato de pulpo, cuxa fotografía foi realizada por Manuel Blanco, presidente da Asociación Fotográfica O’Potiños.

Concurso de fotografía “O mellor pulpo nunca falta no Carballiño”

2020-08-07T10:16:18+02:00ACTIVIDADES @gl, FESTA DO PULPO @gl|

Participa con fotografías do pulpo no Carballiño, das Xornadas Gastronómicas, doutros anos na Festa do Pulpo…

✅ Para participar segue estos pasos:

  • ▶️ Rexístrate mediante o formulario.
  • ? Sube a fotografía coa que participas.
  • ➡️ Comparte a túa foto cos amigos.

?️ Sube as túas fotografías ata o domingo 09-08-2020 e vota ata o domingo 16-08-2020

? As 10 fotografías máis votadas recibirán un pack de Gadis “Vivamos como galegos”

Participa pinchando aquí

 

Vídeo homenaxe ao proceso de elaboración do pulpo e ás pulpeiras e pulpeiros

2020-08-03T08:43:59+02:00ACTIVIDADES @gl, FESTA DO PULPO @gl, VÍDEOS|

Vídeo homenaxe ao proceso de elaboración do pulpo e ás pulpeiras e pulpeiros que converteron este manxar nun símbolo de O Carballiño recoñecido no mundo enteiro.

Comparte e sobre todo lembra que aínda que este ano non podemos celebrar a Festa… o mellor pulpo nunca falta en O Carballiño.

Presentación das Xornadas Gastronómicas do Pulpo

2020-07-30T17:09:39+02:00ACTOS @gl, EVENTOS @gl, FESTA DO PULPO @gl|

Trinta e nove locais hostaleiros participarán nas Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebran do 3 ao 9 de agosto.

As Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebrarán do 3 ao 9 de agosto, contarán coa participación de trinta e nove locais hostaleiros, dos cales vintecatro ofrecerán pulpo durante toda a semana, e quince máis o farán o sábado e o domingo, días 8 e 9. Así mesmo, o domingo 9 haberá uns vinte postos de venda de pulpo nas rúas e prazas da vila.

Este evento foi presentado hoxe, xunto co cartel, polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Manuel Dacal dixo que o obxectivo era ofrecer a posibilidade de degustar o plato máis característico da gastronomía carballiñesa, como é o pulpo á feira, dun xeito totalmente seguro tanto para os visitantes como para os veciños, e por eso non ía haber ningún tipo de acto oficial nin concentracións de xente, senón que se trata de dinamizar o comercio e a hostalería local con todas as garantías de cumprimento da normativa polo covid 19.

Así, recoméndase reservar calquera día da semana nalgún dos establecementos hostaleiros que participan nestas xornadas, para xantar e disfrutar dun tempo de lecer no Carballiño.

Manuel Dacal destacou a calidade do cartel deseñado pola carballiñesa Ari Quintas, que xa realizou os carteis da Festa do Pulpo dos dous últimos anos, e que plasma con moita beleza plástica o verdadeiro significado desta tradición e celebración gastronómica do Carballiño.
Por isto, expresou o seu agradecemento.

E tamén agradeceu a colaboración das entidades e empresas patrocinadoras:

  • Inorde
  • Deputación Provincial de Ourense
  • Xunta de Galicia
  • Abanca
  • Gadis
  • Aceites Abril
  • Estrella Galicia
  • Adega Pazo Tizón
  • Destilería Paniagua
  • Cer&Ber
  • Aparthotel Arenteiro
  • Akunatura.

Diego Fernández referiuse ao programa cultural que antecede ás xornadas gastronómicas, e que se desenvolverá durante esta fin de semana, con actividades infantís e familiares e para todo tipo de público, que terán lugar no anfiteatro da Veracruz e na Praza Maior.

Así, destacou o xoves, 30, a proxección da película de animación La Gallina Turuleca, e o xoves 6 de agosto a película Los Miserables; o venres, 31, o espectáculo infantil Voa, voa, e o festival de música folk con dous concertos de Caldo e Isidro Vidal; o sábado, 1 de agosto, actuación do pallaso Peter Punk e do Mago Teto; e o domingo, Os monicreques do Kukas e o concerto infantil de Xoán Curiel.

Diego Fernández referiuse ao bo comportamento do público nos actos culturais que se teñen celebrado ata agora, e expresou o seu desexo de que se poda continuar na mesma línea, dinamizando a vida cultural do Carballiño cumprindo a normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

O Concello do Carballiño cambia a celebración da Festa do Pulpo por unha semana gastronómica

2020-07-08T10:48:30+02:00FESTA DO PULPO @gl|

O concello cambia a celebración da Festa do Pulpo por unha semana gastronómica na vila entre o 3 e o 9 de agosto, co pulpo á feira como protagonista.

Non haberá actividade no parque municipal, nin actos que supoñan masificación.

A Festa do Pulpo do 2020 non se celebrará como tal, senón que se cambia por unas xornadas gastronómicas na vila entre o 3 e o 9 de agosto, nas que o protagonismo seguirá recaendo no pulpo ao estilo feira, que se poderá degustar nos bares, mesóns e restaurantes do casco urbano, que ofrecerán un menú típico da Festa do Pulpo, como é a carne ao caldeiro e empanada, ademais doutras posibles ofertas culinarias da hostalería local.

De feito, durante esa semana, o concello autorizará a instalación de postos de pulpo nas rúas e prazas da vila, dun modo semellante a como se fai os días de feira, e incluso se permitirá algún emprazamento máis, co obxectivo de facilitar que as persoas que desexen degustar o pulpo no Carballiño o podan facer calquera día desa semana, evitando posibles aglomeracións.

Coa finalidade de garantir a separación de seguridade, así como o cumprimento da normativa sanitaria polo covid 19, recoméndase reservar mesa nos establecementos hostaleiros da vila para calquera día da semana, sobre todo o venres, 7 de agosto, o sábado, 8 de agosto, e o domingo, 9 de agosto.

Precisamente, estes dous últimos días son os que haberá un maior número de pulpeiros e pulpeiras cocendo na rúa e prazas da vila, tal e como o manifetaron durante a reunión que mantiveron este pasado luns cos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Onte á tarde tívose outra reunión co sector hostaleiro para falar do menú que se ofertará durante eses días, así como para garantir o cumprimento da normativa en materia de separación e prevención, e promover as reservas de mesas.

Durante esa semana tamén haberá actos culturais de pequeno formato, tanto infantís como para dultos, con aforo limitado a 150 persoas, que terán lugar na Praza Maior, no entorno da Veracruz e na explanada do Parque Municipal, con cadeiras desinfectadas e nos que se cumprirán estrictamente as medidas de separación e prevención sanitaria establecidas para este tipo de actos, como levar mascarilla e lavar as mans cunha solución hidroalcólica á entrada. Pese a celebrarse ao aire libre, estes recintos estarán acotados por vallas.

Cine, teatro e música, con preponderancia dos grupos locais, permitirán manter viva a actividade cultural no Carballiño, pero evitando calquera tipo de aglomeración.

Neste sentido, compre destacar que non se permitirá o consumo de bebidas fóra das terrazas ou do interior dos locais hostaleiros, e gardando sempre as medidas de separación e prevención establecidas, quedando totalmente prohibido a instalación de barras no exterior dos locais ou de columnas de sonido, como se solía facer na víspera da Festa do Pulpo.

A Policía Local velará polo cumprimento desta prohibición, así como de que se organicen “botellóns” pola mocidade, que non se permitirán en ningún caso.

Ao non celebrarse a Festa do Pulpo do 2020 como tal, tampouco terá lugar ningún dos actos programados nos anos anteriores, como son a elaboración da tapa xigante de pulpo, nin a Festa das Camisetas, entre outros.

Con estas medidas, o concello pretende apoiar á hostalería e ao comercio local, así como ao sector do pulpo, durante a primeira semana de agosto, pero garantindo en todo momento o cumprimento estricto das medidas de separación e prevención establecidas.