Torneo de Golf Festa do Pulpo
Torneo de Golf Festa do Pulpo, con premios para xantar en restaurantes da vila.
- 1° skratch 2 pax.
- 1° handicap 2 pax.
- 2° ” 2 pax.
- 3 ° ” 2 pax.
Concurso de fotografía “O mellor pulpo nunca falta no Carballiño”
Participa con fotografías do pulpo no Carballiño, das Xornadas Gastronómicas, doutros anos na Festa do Pulpo…
✅ Para participar segue estos pasos:
- ▶️ Rexístrate mediante o formulario.
- ? Sube a fotografía coa que participas.
- ➡️ Comparte a túa foto cos amigos.
?️ Sube as túas fotografías ata o domingo 09-08-2020 e vota ata o domingo 16-08-2020
? As 10 fotografías máis votadas recibirán un pack de Gadis “Vivamos como galegos”
Participa pinchando aquí
Vídeo homenaxe ao proceso de elaboración do pulpo e ás pulpeiras e pulpeiros
Vídeo homenaxe ao proceso de elaboración do pulpo e ás pulpeiras e pulpeiros que converteron este manxar nun símbolo de O Carballiño recoñecido no mundo enteiro.
Comparte e sobre todo lembra que aínda que este ano non podemos celebrar a Festa… o mellor pulpo nunca falta en O Carballiño.
Concurso de Debuxo Infantil “Que é para ti o pulpo”
Se tes menos de 14 anos, sube o teu debuxo e poderás gañar vales de compra do CCA!
- ▶️ Rexístrate cun adulto mediante o formulario.
- ? Sube o debuxo co que participas.
- ➡️ Comparte o teu debuxo cos amigos.
?️ Sube os teus debuxos ata o domingo 09-08-2020 e vota ata o venres 14-08-2020 no seguinte enlace https://pr.easypromosapp.com/p/899280
A Tapa de Pulpo xigante de 2019
Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño volveron a facelo: media tonelada de pulpo cortada en 11 mn e 7 sg.
Parabéns!!
Tapa de pulpo xigante en O Carballiño 2017
Con máis de media tonenada de pulpo este ano volvemos facer a tapa do pulpo máis grande do mundo, este ano alcanzou 5,37 metros de diámetro. A tapa de pulpo cada ano se elabora máis rápido, este ano se fixo en 10 minutos e 56 segundos, para conseguir estes datos foron necesarias máis de 30 persoas que se encargaron de cocelo, picalo e servilo.
Apertura prazo de inscrición Escola Futbol Municipal para a tempada 2015/16
Este xoves día 6 de agosto, a área de deportes do concello do Carballiño abre o prazo de inscrición para a tempada 2015/2016.
Este ano as escola municipal ofrece as categorías de iniciación, prebenxamines a cuota será de 115 euros, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil a cuota base será de 138 euros.
Sobre estas tasas, a maior parte das familias veránse bonificadas cun desconto según a súa renta, é por isto que deberán aportar fotocopia da mesma no momento de matricular aos rapaces.
Os nenos de iniciación e prebenxamins comenzarán na disiciplina de futbol sala, para despois, na categoría de benxamín, e si eles queren, poden pasar xa a futbol. No pasado ano foron más de 250 rapaces os que participaron nesta escola deportiva do Carballiño, que conta ca colaboura dos equipos de Carballiño Futbol Sala e Arenteiro.
Todolos interesados en matricularse para a tempada 2015/16 deberán pasar pola área municipal de Deportes, sita na segunda planta do concello carballiñés, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30.
Un gran concerto destaca na programación dos 15 días da Festa do Pulpo 2015
O Carballiño recupera a tradición dos grandes concertos, e nesta ocasión para festexar a semana do Pulpo. Celtas Cortos actuarán na praza maior o mércores 5 de agosto, as 23:00 horas, xusto no ecuador da gran semana da Festa do Pulpo que comenzará este mércores 29 de xullo xa con actividades para os máis pequenos.
Manolo Dacal e Francisco Fumega presentaban a programación desta edición da Festa do Pulpo, agradeciendo a todolos que colaboraron para “levar a bo porto este programa, pensado en todolos públicos e , sobre todo, e atraer a moitos visitantes a nosa vila durante estes 15 días”.
No que a programación se refire, dende o mércores 29 de xullo, todalas tardes na praza maior haberá actividades para os nenos. O 30 de xullo , dende as 19:00 horas, zumba nas pisiciñas municipais impartida polo ximnasio Sonora Fitnes. O venres 31 de xullo, continuan as acrtividades para os pequenos, e as 20:30 horas a banda de música de Valga actuará na Praza Maior, máis de cen musicos poran a primeira nota destas festas. Ese mesmo dia, as 22:00, na insua dos poetas terá lugar a presentación das Xociviga 2015, ca proxección da película A Esmorga. A xornada do venres pecharse ca inauguración do alumeado de festas das rúas carballiñesas.
O sábado 1 de agosto deporte e música, partido de futbol en Espiñedo entre o Arenteiro e o Barbadás, as 20:00 horas, as 20:30 XXII Festival de Habaneras no auditorio da vila e as 23:00 DJ Guilly de Melo, na Praza Maior.
Outra das citas clásicas da semana da Festa do Pulpo, a andaina popular, terá lugar o dominbgo 2 de agosto, chegando con esta a súa IV edición. Ese mesmo día, as 23:00 actuación de música folk , Festa Rachada e Pasarrúas “Acibeira”, na Praza Maior.
O luns 3 de agostoc omenzan os campionatos de futbol 3X3 na Alameda, e actividades de xogos populares na praza Emilia Pardo Bazán. As 12:00 chega outra das citas clásicas do Pulpo, a Homenaxe a un persoeiro ou grupo que tiveran relación ca Festa o longo destes 53 anos. A tarde O DJ Tibu organiza a festa infantil Octavio 2015, na Praza Maior, e as 23:00, no mesmo lugar , concerto de Skalingrado.
O Martes 4 de agosto O Carballiño será , un ano máis , o centro de atención de todoo mundo, ca elaboración da tapa xigante de pulpo, que este ano se realizará sobre un plato de madeira de 5,13 metros. Será as 20:00 horas na Praza Maior.
E o mércores, chegando o ecuador destas festas carballiñesas, o plato forete será a actuación de Celtas Cortos na Praza Maior, e antes, actividades para os nenos no Balneario, DJ e Touro Mecánico na Praza de Juan Pajariño, partido do Arenteiro e o Bande en Espiñedo, e espectáculo circense na rúa Principal.
O xoves 6 de agosto continua a festa cos Pulpos Máxicos nos Catro Camiños, actividaee para os nenos, e a apertura de feira de artesanía na praza de Emila Pardo Bazán, as 18:00 horas. Una hora despois, as 19:00 festa da espuma na praza maior cun DJ para animar os pequenos. As pisiciñas acollen una nova xornada de zumba, e as 20:00 horas inauguranse as xornadas Gastronómicas do Pulpo, con Guillermo González, subcampeon de europa en servicios de restauración e bar, na praza das Galiñas. Dende as 20:00 iniciase o primeiro ciclo de Música de Sofa, na praza da constitución, Curros Enríquez e Praza Maior, que rematará as 2:00 horas.
Entrando xa na fin de semana do Pulpo o venres destacar o sorteo deo ocengtro comercial aberto da súa campaña de Verán, na praza da veracruz, as 18:00 horas, e unha nova Xornada Gastronómica co chef Flavio Morganti. As 20:30 na praza da Veracruz e rúa principal exhibición do clube de patinaex AEHDE, e as 23:00 horas Troula ofrecerá os seu espectáculo de rúa “Pachamama” na Paraza Maior. Esa noite, dende as 00:30, a orquesta Primera Linea ofrecerá o concerto na Praza Maior.
O día 8 de agosto O Carballiño será un ano máis a capital galega da diversión e a xuventude, con concurso de camisetas do Pulpo,. O pasado ano foron máis de 1000 xóvenes os que participaron nesta festa, que comenzará as 18:00 horas e rematará ata que o corpo aguante, animando a festa a batukada Situme. Ese mesmo día, as 00:00, tirada de fogos dende a praza da Veracruz.
O domingo será o día grande da Festa, ca romaría no Parque Municipa. Desfile de grupos do festival folclórico dende as 10:30, recepción de autoridades as 13:00 e comida as 14:30. A xornada será rematada co concerto da orquesta Fin de Siglo na Praza Maior as 19:00 horas.
Pero a festa continúa o luns, co día do pulpo pequeño, con atraccíons infantis a mitade de prezo. O martes cas xornadas de folclore internacional na Praza da Veracruz, e o mércores finalizará dando o testigo a outra gran cita do verán Carballiñés, as Xociviga 2015.
Zumba e hinchables nas pisiciñas municipais
Un ano mais as pisicinas municipais do Carballiño organizan actividades complementarias para animar as distintas xornadas estivais. Así os días 24 e 25 de xullo instalaranse hinchables nesas pisiciñas, para o disfrute dos asistentes, sen variar o prezo da entrada as mesmas. Estes hichables están especialmente dirixidos os nenos e adolescentes.
O día 30 de xuño haberá outra actividade complementaria, tamén gratuita (so terá o custe da entrada as pisiciñas), Zumba, organizada por Sonora Fitness en colaboura co concello do Carballiño. Esta activiade desenrolarse en horario de tarde, de 19:00 a 20:00 horas, e repetirase os días 6 e 20 de agosto.
No mesmo mes de agosto repetirase a actividade lúdica dos hinchables, en concreto os días 21 e 22 de agosto.
Dende a súa apertura as psiciñas municipais rexistraron unha gran afluencia de público, motivado polo tempo meteorolóxico e as condicións nas que se atopan estas instalacións municipais, optimas para o desfrute dos veciños e visitantes a vila.