Co obxectivo de seguir incentivando a participación dos xoves na Festa do Pulpo, o Concello do Carballiño establece por décimo sexto ano consecutivo o PREMIO DAS CAMISETAS DAS PEÑAS XUVENÍS.

Participación: Poderán participar todas as peñas xuvenís que o desexen, coas únicas condicións de que teñan 10 compoñentes, como mínimo, e de que as camisetas que elaboren identifiquen por igual a tódolos seus compoñentes. Cada peña deberá presentar no Concello unha das camisetas impresas.

Prazo: O prazo para a presentación das camisetas no Concello finalizará o venres, 8
de agosto, ás 13,30 h.

Xurado: O xurado estará formado por un representante de cada peña. O seu fallo darase a coñecer no acto oficial de recepción das peñas, que terá lugar o sábado, 9 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior ou no Salón de Sesións do Concello. O xurado valorará tanto o deseño como o lema que figure impreso nas camisetas.

Premios: Establécense dous premios.

Premio o mellor deseño, dotado con 200 Euros para a camiseta que se considere polo xurado mellor realizada.

Premio a peña máis numerosa, dotado con 200 Euros para a peña que se presente con máis membros no acto de saída do desfile.

Tódalas demais camisetas presentadas a concurso polas peñas recibirán unha compensación de 60 Euros, ata un máximo de 92 peñas, segundo orde de inscripción.
Tanto para poder optar ó premio como ás axudas, as peñas concursantes deberán presentarse no acto de saida do 9 de agosto con 10 membros, como mínimo, coas respectivas camisetas postas.