O alcalde, concelleiros e patrocinadores asistiron hoxe ao acto de presentación do cartel da 59 Festa do Pulpo.
Tamén se diron a coñecer os locais hostaleiros que teñen abertas as reservas para o xantar do domingo:

Magnífico cartel de Ari Quintas da 59 Festa do Pulpo, dedicada ao comercio e á hostalería.

Unha edición que, debido á pandemia, volverá a celebrarse na vila con postos de pulpo nas rúas e nos locais hostaleiros, mediante reservas e mantendo todas as medidas preventivas previstas pola normativa covid.
Non haberá ningún tipo de actividade no parque municipal, e os actos culturais programados durante toda a semana desenvolveranse respectando o cumprimento das normas de aforo, separación e seguridade establecidas en prevención da covid.
O cartel foi elaborado pola deseñadora carballiñesa Ari Quintas, autora dos carteis destes últimos anos. Editáronse 1.500 carteis, que xa se comezaron a distribuir polos locais comerciais e hostaleiros da vila.