Durante os últimos días os axentes da área municipal de Turismo estiveron a remitir toda a información da Festa do Polbo e o cartel conmemorativo desta 52 edición, polos catro puntos cardinales do globo terráqueo, principalmente aos centros galegos repartidos polos cinco continentes. Este ano a repartición de información chegou a máis de mil destinos, xa que cada ano son máis os centros, agrupacións e colectivos galegos, culturais e gastronómicos, os que se interesan pola festa carballiñesa, recoñecida de interese turístico nacional e a un paso de ter o galardón de interese turístico Internacional.
Entre os destinos máis curiosos aos que lles chegou esta información pódense destacar a Casa de Galicia en Nairobi ( áfrica), a Galician Asociation de Sidney (Australia), a Sociedade Española A Nacional de New York, La Peña de Galicia do CEOC en Hollywood, ou a asociación de residentes españois en Terra de Lume en Ushuaia.
Ademais todos os centros galegos de Europa e, polo seu posto de Centroamérica e Suramérica, onde se atopan o maior número, destacando entre estes os de Arxentina e Cuba.
A Festa do Polbo está presente en cada un destes centros galegos, onde mesmo contan cunha gran colección de carteis que foron recibindo en todos estes anos, usando tamén a información remitida polo concello para incluíla nas súas publicacións.
É unha proba máis do interese que esperta esta festa, así como da necesidade de contar con ese selo que a distinga como de interese turístico internacional xa que, en realidade, teno, aínda que aínda non de forma oficial.