Un ano máis a asociación de veciños Camiño organiza a andaina Festa do Polbo, chegando neste 2014 á súa terceira edición. A cita será o domingo , 2 de agosto, con saída e chegada desde o Gran Balneario do Carballiño, durante un percorrido de 18 quilómetros de dificultade media. A saída está prevista ás 9:00 horas. Os interesados en participar nesta andaina poderán inscribirse ata o propio día 2 de agosto, sendo o prezo por persoa de 5 euros, o máximo de participantes será de 250 persoas(xa o pasado ano participaron 200 persoas), as inscricións poderanse realizar no propio concello, ou nas tendas de deportes colaboradoras, Hobby Sport, Seareiros, Deportes Ucha e Masdeporte, así como no ximnasio kórpore, ou ben directamente no número de conta é 4220800406943040012027. A entrega de dorsais será a partir das 8:00 horas, no Gran Balneario, o percorrido está perfectamente marcado e sinalizado, percorrendo gran parte do Camiño dous Arrieiros. Estableceranse tres puntos de avituallamiento, estando prevista a chegada dos primeiros participantes sobre as 13:00. Desde esa hora DJ Tibu estará a amenizar a chegada, e realizará os sorteos dos premios previstos para esta edición.