Este xoves día 6 de agosto, a área de deportes do concello do Carballiño abre o prazo de inscrición para a tempada 2015/2016.

Este ano as escola municipal ofrece as categorías de iniciación, prebenxamines a cuota será de 115 euros, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil a cuota base será de 138  euros.

 

Sobre estas tasas, a maior parte das familias veránse bonificadas cun desconto según a súa renta, é por isto que deberán aportar fotocopia da mesma no momento de matricular aos rapaces.

 

Os nenos de iniciación e prebenxamins comenzarán na disiciplina de futbol sala, para despois, na categoría de benxamín, e si eles queren, poden pasar xa a futbol. No pasado ano foron más de 250 rapaces os que participaron nesta escola deportiva do Carballiño, que conta ca colaboura dos equipos de Carballiño Futbol Sala e Arenteiro.

 

Todolos interesados en matricularse para a tempada 2015/16 deberán pasar pola área municipal de Deportes, sita na segunda planta do concello carballiñés, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30.