Una trintena de actividades e espectáculos terán lugar en dez días pola celebración da Festa do Pulpo.

👉Concertos, orquestras, actividades de animación de rúa e outro tipo de
atraccións sucederanse desde o venres, 2 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, na marco da Festa do Pulpo.

Serán uns días intensos no Carballiño que culminarán coa celebración da 57 edición desta magna romería
gastronómica, que pode ser a última que teña lugar como Festa de Interese Turístico Nacional, para ser Festa de Interese Turístico Internacional.

Así o dixo esta mañá o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de
presentación da festa, ao que asitiron a xefa territorial de cultura e Turismo, Sandra Quintas; os concelleiros de Turismo, Cultura e Medio Ambiente; concelleiros do Partido Popular, e representantes das entidades e empresas patrocinadoras: Abanca, Aceites Abril, Pazo tizón, Apersa, Gadis, Estrella
Galicia, Cer&Ber, Aku Natura e Wether´s Original.

👉Entre os principais espectáculos destacan o ciclo de Músicas de Sofá, con bandas internacionais; a Tapa Xigante de Pulpo, o Festival Folclórico
Internacional, Treixadura, a orquestra El Combo Dominicano e a Festa das
Camisetas.