A 56 Festa do Pulpo intentará repetir o fito de afluencia e consumo de polbo do pasado ano, malia a que nesta edición do 2018, o concello márcase o reto de mellorar a calidade dos servizos, xa que non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 kg de polvo. Así o dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación da festa, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do concello coa asistencia da delegada territoria da Xunta, Mª Sol Díaz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director de zona de Abanca, Carlos Díez; os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente, así como os portavoces, concelleiras e concelleiros da corporación, e representantes das entidades patrocinadoras da festa: .Gadis, Aceites Abril, Estrella de Galicia, Pazo Tizón, Apersa, Aku Natura, Hotel Arenteiro e Cer&Ber, e Pan de Cea.

Fumega referiuse á dedicatoria desta edición da festa ao Centro do Carballiño en Bos Aires como un xesto de agradecemento hacia os emigrantes da comarca carballiñesa na capital da Arxentina, e agradeceu a colaboración das institucións, como a Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Ourense e o Inorde, así como de Abanca e os demáis patrocinadores, dos que dixo que sen a súa axuda non sería posible ofrecer un programa tan ambicioso como o que se presenta.

Marisol Díaz asegurou que a Xunta de Galicia cre nas festas galegas como un xeito de achegar os recursos naturais, culturais e gastronómicos ao turismo, e por iso forma parte da súa estratexia a promoción dos eventos enograstronómicos como o da Festa do Pulpo do Carballiño. Destacou a tradición dos oficios artesanais das polbeiras e polbeiros como un referente da gastronomía galega e da Festa do Pulpo, e apostou polo turismo de calidade.

“O Carballiño soubo traer ao interior a esencia do mar, e por iso o mellor pulpo do mundo elabórano as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño”, dixo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que se referiu á Festa do Pulpo como “a maior manifestación gastronómica popular de Galicia”. Así mesmo, resaltou o traballo conxunto e de colaboración das institucións con esta celebración.

Carlos Díaz agradeceu a oportunidade como entidade financieira que se lle brindaba para colaborar coa Festa do Pulpo do Carballiño, e fixo fincapé na dedicatoria ao Centro do Carballiño en Bos Aires, como un recoñecemento aos emigrantes galegos na diáspora.

Finalmente, Diego Fernández e José Manuel Dacal desglosaron unha parte do programa cultural e festivo elaborado para a primeira quincena de agosto, e que consta de máis dunha vintena de actividades e de trinta grupos de animación, música, folclore e outro tipo de eventos.

A 56 Festa do Pulpo terá lugar o domingo 12 de agosto, pero o martes 8 de agosto tamén se celebrará a TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO, cuxo reto nesta edición será rebaixar dos 10 minutos o tempo de cortar o polbo para encher o prato xigante, según xixo Manuel Dacal.