Os organizadores da III Andaina dá Festa do Polbo quixeron premiar aos primeiros rexistrados na mesma, por iso , aos 125 primeiros rexistrados, nos 5v puntos de inscrición establecidos (deportes Ucha, Hoby Sport, ximnasio Korpore, Masdeporte e Seareiros) agasallaráselles cunha pulseira oficial da Festa do Polbo.
Lembran os organizadores que se poderán inscribir ata o día 2 de agosto como data limite, sendo a andaina o día 3, domingo, con saída ás 9:00 horas desde o Gran Balneario e chegada ao mesmo lugar, tras un percorrido de 18 quilómetros de dificultade media.
A entrega de dorsais, e as pulseiras aos 125 primeiros rexistrados, será a partir das 8:00 do día 3 de agosto no mesmo Blaneario.
Os participantes terán, como recompensa tras a camiñada, un “relaxa pés” para refrescarse, así como o cátering organizado para recuperar as forzas, e a posibilidade de asistir á emisión do programa en directo da Radio Galega “Come e fala”, que se realizará desde o mesmo balneario a partir das 13:00 horas. Tamén se contará con animación en directo e sorteo de agasallos.