adinova3

About adinova3

This author has not yet filled in any details.
So far adinova3 has created 245 blog entries.

Concurso de camisetas Festa do Pulpo 2019

2019-12-19T09:50:53+01:00FESTA DO PULPO @gl|

Concurso de camisetas Festa do Pulpo 2019
Fotos de J.L. Diz

Homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez

2019-12-19T10:16:37+01:00ACTOS @gl|

O concello rendeu homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez pola súa contribución á consolidación da Festa do Pulpo.

O salón de plenos do concello do Carballiño quedouse hoxe pequeño para acoller ás ducias de persoas que asisistiron esta mañá ao acto de homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez con motivo da 57 edición da Festa do Pulpo.

O alcalde, Francisco Fumega, resaltou que “ao longo dos 57 anos da Festa do Pulpo foron moitas as persoas que contribuiron á súa consolidación e crecemento ata chegar a ser a gran festa gastonómica que é actualmente, probablemente unha das mellores de Galicia e de España. E non cabe dúbida algunha de que una destas persoas é Argimiro Mornotes Rodríguez”.

Fumega dixo que “Argimiro foi un dos grandes impulsores desta festa.Cando ía pola décima edición promoveu que Fernando Sánchez Bella, sendo ministro de Informacion e Turismo, a declarase Festa de Interese Turístico. Foi tamén quen convocou durante varios anos un concurso periodístico para premiar os mellores artículos e reportaxes publicados nos medios de comunicación, o que contribuiu a difundir a festa nos xornais e nas radios. E, sobre todo, contribuiu a que esta festa fose o gran encontro anual da emigración da nosa comarca e de Galicia”.

O rexedor carballiñés engadiu que “sendo alcalde comezaron a dedicarse as diferentes edicións da festa aos centros galegos do mundo, e isto axudou a que a que a Festa do Pulpo comezase a coñecerse fóra de España”.

“Así, pois –dixo Fumega-, son moitos os méritos que avalian este recoñecemento do concello do Carballiño e da Festa do Pulpo a Argimiro Marnotes Rodríguez. Ademáis, non hai que esquecer que, nos primeiros anos da Festa do Pulpo, cando en Galicia había e hai multitude de romarías dunha gran tradición, non era tan doado convencer aos pulpeiros e taberneiros para que estableceran os seus postos no parque municipal. Foi o seu empeño quen propiciou que hoxendía o parque municipal estea absolutamente colmado de postos de pulpo, de tabernas, de bares e de todo tipo de produtos”.

“Por iso que –concluiu Fumega-, pola súa contribución á consolidación desta festa, é polo que lle rendemos hoxe esta homenaxe e lle facemos entrega dunha placa en recoñecemento á súa aportación á Festa do Pulpo do Carballiño”.

A continuación o alcalde fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento “á súa
contribución á consolidación e realce da Festa do Pulpo”.

Argimiro Marnotes agradeceu a deferencia e fixo extensible este recoñecementos a todas as persoas que durante os 57 anos de historia da festa puxeron o seu grao de area.
Tamén se referiu ao período no que era complicado conseguir que os bares e os pulpeiros acudisen ao parque municipal, e a que, tras conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico na décima edición, non tivese valor máis adiante e houbese que repetir a solicitude de declaración.

Tamén dixo que a partir de 1974, cando Argimiro Marnotes foi elexido alcalde, comezou a promocionar a festa convocando un concurso periodístico na prensa e despois na radio, e a dedicar cada edición aos centros galegos no mundo.

E, finalmente non se esqueceu das ducias de rapaces voluntarios que durante varias edicións colaboraron coa festa servindo no recinto oficial e realizando outras labores de apoio.

Presentacion de actividades da festa do pulpo

2019-12-19T10:19:49+01:00PRESENTACIONS|

Una trintena de actividades e espectáculos terán lugar en dez días pola celebración da Festa do Pulpo.

?Concertos, orquestras, actividades de animación de rúa e outro tipo de
atraccións sucederanse desde o venres, 2 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, na marco da Festa do Pulpo.

Serán uns días intensos no Carballiño que culminarán coa celebración da 57 edición desta magna romería
gastronómica, que pode ser a última que teña lugar como Festa de Interese Turístico Nacional, para ser Festa de Interese Turístico Internacional.

Así o dixo esta mañá o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de
presentación da festa, ao que asitiron a xefa territorial de cultura e Turismo, Sandra Quintas; os concelleiros de Turismo, Cultura e Medio Ambiente; concelleiros do Partido Popular, e representantes das entidades e empresas patrocinadoras: Abanca, Aceites Abril, Pazo tizón, Apersa, Gadis, Estrella
Galicia, Cer&Ber, Aku Natura e Wether´s Original.

?Entre os principais espectáculos destacan o ciclo de Músicas de Sofá, con bandas internacionais; a Tapa Xigante de Pulpo, o Festival Folclórico
Internacional, Treixadura, a orquestra El Combo Dominicano e a Festa das
Camisetas.

Presentación da Festa Do Pulpo 2019

2020-01-09T10:41:47+01:00PRESENTACIONS|

Esta mañá tivo lugar ás 13,00 Horas na Facenda da Llorea Golf de Xixón a Presentación da Festa Do Polbo 2019 do Carballiño, Ourense, que este ano esta dedicada a Asturias. Abriu o acto a Alcaldesa de Xixón Ana Garcia Rodríguez quen tras unhas breves palabras de benvida á representación Galaica, cedeulla ao Alcalde do Carballiño, D. Francisco Jose Fumega Piñeiro, quen agradeceu encarecidamente aos asistentes a súa presenza ao acto e tras unha breve historia das festa do Polbo, unha das máis antigas e multitudinarias de Galicia, terminou convidando a todos os Asturianos para que o vindeiro domingo día 11 de Agosto acompañémoslles en dita Festa.

3ª edición do Holi Pulpo

2019-12-19T09:57:08+01:00FESTA DO PULPO @gl|

Máis de mil cincocentas persoas participarán na terceira edición de Holi Pulpo o 27 de xullo.

?Cinco dj animarán a festa de Holi Pulpo 2019 que, na terceira edición, celébrase o sábado 27 de xullo no Carballiño. O evento foi presentado hoxe no concello polo promotor, Uriel Bernárdez, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.

?Agárdase que podan participar máis de 1.500 persoas, batindo o récord da
pasada edición.

?As entradas poden adquirirse online ao prezo de 10 euros, e de xeito físico no Hotel Arenteiro, Little Carballiño e Loft 27 ata o mesmo sábado.

?O programa previsto comezará ás 15,00 h., dese sábado, 27 de xullo, na Pista
Vermella, coa animación do Dj Warm Up. Ás 17,30 h., partirase para o parque
municipal co acompañamento dunha batucada. A festa, que contará coa animación musical dos Djs Mike Wass e Alex André, María, José Grande, Marcos Magán e Big Browsers, así como a xa tradicional pintura de cores,
prolongarase ata as 22,00 h.

Pecisamente, Uriel Bernardez dixo que a festa rematará a esa hora para promover que a xente acuda á vila a cear e a continuar a “movida” polos locais hostaleiros do pobo. O empresario agradeceu a colaboración do concello e dos patrocinadores, sen cuxa axuda non se podería levar a cabo o evento, según dixo.

Manuel Dacal felicitouno por esta iniciativa que contribuía a animar as rúas e atraer xente de fóra.

Presentación do cartel da LVII FESTA DO PULPO

2019-12-19T10:20:05+01:00PRESENTACIONS|

Presentado o cartel da LVII FESTA DO PULPO

?Foi deseñado por Ari Quintas e representa a simbiose do parque municipal coa tradición pulpeira e a do escanciado da sidra en homenaxe a Asturias, a quen se lle dedica esta edición da festa.

O cartel da LVII Festa do Pulpo do Carballiño xa está na rúa. Dende hoxe, 2.000 carteis comezarán a distribuirse polo Carballiño, Galicia e centros galegos de todo o mundo. Trátase do inicio do ciclo da Festa do Pulpo que culminará o domingo 11 de agosto.

O cartel, que é obra da deseñadora carballiñesa Ari Quintas, foi presentado
esta mañá no concello polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que discuparon a súa ausencia por motivos de traballo.

Francisco Fumega dixo que se trata dun cartel moi fermoso que representa á
perfección a simbiose do parque municipal coa tradición pulpeira e a do
escanciado da sidra, nun claro homenaxe a Asturias, a quen se lle dedica este
ano a festa. Por eso agradeceu o seu compromiso co Carballiño e o seu bo
facer como deseñadora para levar o nome da Festa do Pulpo polo mundo adiante.

Manuel Dacal compartiu este agradecemento e referiuse a presentación da festa o próximo luns en Xixón, con asistencia das primeiras autoridades municipais e autonómicas, así como de persoeiros e medios de comunicación de Asturias. Tamén dixo que a próxima semana íase efectuar a presentación oficial da festa xunto cos patrocinadores e corporación municipal.

A deseñadora Ari Quintas foi tamén a autora do cartel da pasada edición da festa, que tivo un éxito extraordinario, e que por eso se lle encargou o deste ano, que se espera teña tan boa acollida como o anterior.