ACTIVIDADES @gl

A Coruña abriu as súas portas á Festa do Polbo do Carballiño

2020-01-09T18:09:55+01:00ACTIVIDADES @gl, PRESENTACIONS|

O mercado da Praza de Lugo, na Coruña, acolleu este mércores a presentación da Festa do Polbo do Carballiño, dedicada nesta 53 edición á cidade herculina. O alcalde coruñés Xulio Ferreiro recibía á comitiva carballiñesa, agradecendo o xesto da dedicación dunha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia. Ferreiro lembraba a unión que existe entre A Coruña e O Carballiño, cimentada nos veciños dunha e outra poboación, lembraba durante a presentación como el mesmo coñeceu O Carballiño cando rea pequeno, acompañando aos seus pais e avós a tomar as augas da vila do Arenteiro.

Pola súa banda o alcalde carballiñés mostraba o seu agradecemento á corporación coruñesa alí representada polo seu alcalde e o edil de Turismo Alberto Lema, por acoller esta presentación, nun lugar tan emblemático como a praza de Lugo, onde se atopa a Praza de Abastos “e que mellor lugar que un mercado para presentar esta festa, un lugar onde, como na orixe do Carballiño, reúnen os veciños e veciñas para o comercio”, a estes veciños e veciñas da Coruña convidou Francisco Fumega a que acudisen á Festa do Polbo, o segundo domingo de agosto, onde “serán recibidos como sempre, cos brazos abertos e dispostos a compartir unha ración de polbo a feira”.

Tras os discursos chegou o momento de probar o produto estrela, o polbo a feira, que nesta ocasión foi cocido polo campión galego, o carballiñés Francisco Gómez. Todos os presentes encomiaron o sabor do polbo de Ou Carballliño, e aseguraron que non se perderán esta edición da festa.

Entre os numerosos veciños da Coruña que acudiron á cita da Festa do Polbo atopábanse tamén veciños e veciñas do Carballiño, que residen na Coruña, e que tampouco quixeron perderse o saborear unha tallada carballiñesa na cidade herculina, entre estes veciños do Carballiño atopábase, como non podía ser doutra forma Felipe Senén, carballiñés de prol e creador de numerosos carteis da Festa do Polbo durante varias décadas. Carteis que adornaban a citada praza de abastos coruñesa..

A representación Carballiñesa estivo formada nesta presentación polo xa mencionado alcalde da vila, acompañado do edil de Turismo Manolo Dacal, a edil de Benestar Mariña Ortega, e os edís da oposición Argmiro Marnotes, Pilar Caride e Chema Ferreiro.

“Pola súa innovación á tradición do polbo no Carballiño”

2020-01-09T18:20:53+01:00ACTIVIDADES @gl, FESTA DO PULPO @gl|

“Pola súa innovación á tradición do polbo no Carballiño”, así reza a placa encastrada nunha figura dunha pulpiera coa que o concello do Carballiño homenaxeou á empresa Frigoríficos Arcos, seguindo así a celebración de homenaxes a todos os que achegaron novos valores á Festa do Polbo e ao Carballiño en xeral. Os dúas primeiras homenaxes foron a Confeitería Cerviño, que cumpría 50 anos no Carballiño nas mesmas datas que cumpría os mesmo anos a Festa, e o segundo a “O Bastoncito” primeiro operario municipal que se encargou de manter o Parque Municipal, onde se celebra a Festa do Polbo desde hai 52 anos.
Este ano os organizadores da festa quixeron render homenaxe a unha empresa pulpeira, das máis antigas do Carballiño, e que ao mesmo tempo está a achegar innovación na arte da cocción do polbo coa súa marca A Pulpeira. Como explicaba un dos seus propietarios, Daniel Atanes, “conseguimos crear o polbo cocido, envasado ao baleiro, e con todo o seu sabor, mesmo potenciado xa que se conserva no seu propio mollo da coción”. Contaba Atanes que mesmo cociñeiros de renome como Berasategui xa se interesaron por este produto.
Pola súa banda o alcalde do Carballiño lembraba que os homenaxeados son “unha familia dedicada ao polbo desde fai 4 xeracións, e que innovaron para difundir aínda máis este produto, desde O Carballiño, co que se engrandece máis ao levar a marca da vila capital mundial do Polbo”.

Mario, de Master Chef Junior, preparará pulpo no Carballiño

2020-01-09T18:26:11+01:00ACTIVIDADES @gl|

As Xornadas gastronómicas da Festa do Polbo do Carballiño volverán traer á vila do Arenteiro os concineros máis destacados do actual panorama galego, e este ano contarán como maior aliciente co gañador do concurso televisivo Master Chef Junior, Mario, que realizará unha exhibición de cociña para os nenos da vila, e baseará o seu menú no polbo.
Ademais de mario contarase desde o día de inicio deste xornadas, o 6 de agosto, con nomes como Rafa Centeo, estrela Michelin do restaurante Maruja Limón, ao que acompañará Pablo Vidal director técnico do consello regulador do Ribeiro, para a cata.
O seguinte día, o 7 de agosto, a quenda será para o mellor concinero de Galicia, recoñecido co galardón Cociñeiro do Ano. Diego López, xefe de cociña do restaurante A Molinera de Lalín, e estará acompañado para a cata de Mercedes, presidenta de Vitislucus, embaixadora do Champagne francés, jerez e branco lexítimo.
Por último o día 8 realizarase unha sesión vermut, a cargo dos principais blogueiros orurensanos, e pola tarde será a quenda de Mario.
Todos os talleres serán na praza de Emila Pardo Bazán, a partir das 19:30, salvo a sesión vermut que será ás 13:30 e a cita con Mario, que será ás 19:00.

Agasallos especiais para os primeiros rexistrados na III Andaina dá Festa do Pulpo

2020-01-09T18:46:30+01:00ACTIVIDADES @gl|

Os organizadores da III Andaina dá Festa do Polbo quixeron premiar aos primeiros rexistrados na mesma, por iso , aos 125 primeiros rexistrados, nos 5v puntos de inscrición establecidos (deportes Ucha, Hoby Sport, ximnasio Korpore, Masdeporte e Seareiros) agasallaráselles cunha pulseira oficial da Festa do Polbo.
Lembran os organizadores que se poderán inscribir ata o día 2 de agosto como data limite, sendo a andaina o día 3, domingo, con saída ás 9:00 horas desde o Gran Balneario e chegada ao mesmo lugar, tras un percorrido de 18 quilómetros de dificultade media.
A entrega de dorsais, e as pulseiras aos 125 primeiros rexistrados, será a partir das 8:00 do día 3 de agosto no mesmo Blaneario.
Os participantes terán, como recompensa tras a camiñada, un “relaxa pés” para refrescarse, así como o cátering organizado para recuperar as forzas, e a posibilidade de asistir á emisión do programa en directo da Radio Galega “Come e fala”, que se realizará desde o mesmo balneario a partir das 13:00 horas. Tamén se contará con animación en directo e sorteo de agasallos.

A 52 Festa do Pulpo do Carballiño contará con máis de 90 persoas para vixiar pola seguridade dos asistentes

2020-01-09T18:53:40+01:00ACTIVIDADES @gl|

O concello do Carballiño acolleu este mércores a xunta de seguridade para a Festa do Polbo, que se celebrará o próximo 10 de agosto no Parque Municipal da vila do Arenteiro. Esta xunta estivo presidida polo subdelegado do goberno e o alcalde do Carballiño, acompañados dos representantes da Garda Civil, Policía Local e Autonómica, 061, Protección Civil, Grumir, e Cruz Vermella.

En total será preto de 90 persoas as que traballasen ese día para velar pola seguridade dos asistentes á festa, calculándose que serán, como mínimo, 70.000 as persoas que asistirán a esta edición.

O mando único deste operativo de seguridade recaerá na figura do alcalde. Os recursos humanos e técnicos para este operativo será o seguinte: 25 garda civís dotados con vehículos e medios precisos para o seu labor, así como 4 gardas civís de tráfico. A policía autonómica participará tamén con axentes e vehículos necesarios para este operativo.

Pola súa banda a policía local achega 15 axentes, así como 5 vehículos policiais. En tarefas de regulación do tráfico e seguridade tamén actuarán 10 voluntarios de Protección Civil, xunto cun técnico, un supervisor, 12 grumires voluntarios, con tres vehículos todo terreo.
Tamén se contará con 5 grumires voluntarios para tarefas de extinción de incendios e salvamento, que contarán cun camión autobomba lixeiro, así como outro pesado e un rural, e un vehículo de altura. Outros 4 grumires voluntarios encargaranse do salvamento e socorrismo acuático, con dúas embarcacións pneumáticas, chalecos.
No que se refire ao apartado sanitario, contarase cun médico especialista en medicina de urxencia, 4 grumires voluntarios, 15 voluntarios de Cruz Vermella, dispoñendo para desenvolver os seus labores cun posto médico avanzado, tres ambulancias asistenciais, equipadas con todo o material preciso para as súas funcións. Habilitarase tamén unha zona no mesmo parque municipal para a aterraxe de helicópteros, no caso de que fosen necesarios.
A todo este operativo hai que engadir os 15 traballadores municipais dos departamentos de obras, electricidade e medio ambiente.

No seu 30 Aniversario, as XOCIVIGA homenaxearán al Cine Club “CARBALLIÑO”

2019-11-28T12:40:48+01:00ACTIVIDADES @gl|

As XOCIVIGA farán o xusto recoñecemento á labor do cine Club “Carballiño” que ininterrompidamente ven desenvolvendo desde 1969, ano da súa creación, sobre todo, como responsable da creación das propias XOCIVIGA e como organizador da maior parte das 31 edicións celebradas nestes 30 anos de existencia.

A xornada dedicada a este homenaxe contará coa presenza de profesionais do audiovisual de Galicia e Portugal e na que será exhibida unha das películas mais sobresaíntes proxectadas naquela primeira edición, ano 1984, o fime de Lauro Antonio “Manhá Submersa”, que causara unha sorprendente sensación e o descubrimento do descoñecido cine portugués.

Lauro Antonio, un clásico da cinematografía lusitana, estará presente para facer a presentación do film e disertar sobre a súa percepción da experiencia de XOCIVIGA e a súa influencia nas relacións e coproducións Galicia-Portugal no eido audiovisual.

SESIÓNS ESPECIAIS CON PROXECIÓNS AO AIRE LIBRE NO RURAL DAS TRES PRIMEIRAS LONGAMETRAXES DO CINE GALEGO COMMEMORANDO OS 25 ANOS DA SÚA ESTREA.

No ano 1989 estreábanse no cine Fraga de Vigo as tres primeiras películas galegas: “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro, “Urxa” de Alfredo G. Pinal e Carlos Piñeiro e “Continental” de Xavier Villaverde.

Por tal efemérides e, ademais, coa intención de promover a extensión das actividades das XOCIVIGA e aproximación da cultura cinematográfica ao medio rural, organízanse unha serie de proxeccións ao aire libre en diferentes parroquias que darán comezo na segunda quincena deste mes de xullo coa que vai ter lugar na parroquia de Santa Uxía de Lobás.

Concursos XOCIVIGA

2019-11-28T12:40:49+01:00ACTIVIDADES @gl|

O XOCIVIGA convoca 1 concurso con tres modalidades, como se indica no cartaz:

CARTEL_CONCURSOS

O obxectivo principal desta convocatoria é conseguir a participación e implicación de afeccionados ou profesionais da fotografía e do audiovisual no proxecto que XOCIVIGA pretende desenvolver co fin de promover o entorno do Carballiño como escenario cinematográfico.

Descargar bases concurso curtrametraxes 5min
Descargar bases concurso curtrametraxes 2min
Descargar bases concurso fotografía

Marnotes pon de moda ó pulpo Octavio

2014-03-22T14:32:38+01:00ACTIVIDADES @gl|

O alcalde do Carballiño non desaproveita a oportunidade de reivindicar a Festa do Pulpo e a Octavio, a mascota da devandita celebración. A Octavio, que ata figuraba na iluminación das pasadas festas do Nadal, lévao agora bordado Argimiro Marnotes na súa camisa, ao tempo que tamén fai promoción da festa.
Ver nova La Voz de Galicia