adinova3

About adinova3

This author has not yet filled in any details.
So far adinova3 has created 245 blog entries.

Festa do pulpo 2018

2019-12-19T10:20:22+01:00PRESENTACIONS|

A 56 Festa do Pulpo intentará repetir o fito de afluencia e consumo de polbo do pasado ano, malia a que nesta edición do 2018, o concello márcase o reto de mellorar a calidade dos servizos, xa que non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 kg de polvo. Así o dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación da festa, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do concello coa asistencia da delegada territoria da Xunta, Mª Sol Díaz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director de zona de Abanca, Carlos Díez; os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente, así como os portavoces, concelleiras e concelleiros da corporación, e representantes das entidades patrocinadoras da festa: .Gadis, Aceites Abril, Estrella de Galicia, Pazo Tizón, Apersa, Aku Natura, Hotel Arenteiro e Cer&Ber, e Pan de Cea.

Fumega referiuse á dedicatoria desta edición da festa ao Centro do Carballiño en Bos Aires como un xesto de agradecemento hacia os emigrantes da comarca carballiñesa na capital da Arxentina, e agradeceu a colaboración das institucións, como a Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Ourense e o Inorde, así como de Abanca e os demáis patrocinadores, dos que dixo que sen a súa axuda non sería posible ofrecer un programa tan ambicioso como o que se presenta.

Marisol Díaz asegurou que a Xunta de Galicia cre nas festas galegas como un xeito de achegar os recursos naturais, culturais e gastronómicos ao turismo, e por iso forma parte da súa estratexia a promoción dos eventos enograstronómicos como o da Festa do Pulpo do Carballiño. Destacou a tradición dos oficios artesanais das polbeiras e polbeiros como un referente da gastronomía galega e da Festa do Pulpo, e apostou polo turismo de calidade.

“O Carballiño soubo traer ao interior a esencia do mar, e por iso o mellor pulpo do mundo elabórano as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño”, dixo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que se referiu á Festa do Pulpo como “a maior manifestación gastronómica popular de Galicia”. Así mesmo, resaltou o traballo conxunto e de colaboración das institucións con esta celebración.

Carlos Díaz agradeceu a oportunidade como entidade financieira que se lle brindaba para colaborar coa Festa do Pulpo do Carballiño, e fixo fincapé na dedicatoria ao Centro do Carballiño en Bos Aires, como un recoñecemento aos emigrantes galegos na diáspora.

Finalmente, Diego Fernández e José Manuel Dacal desglosaron unha parte do programa cultural e festivo elaborado para a primeira quincena de agosto, e que consta de máis dunha vintena de actividades e de trinta grupos de animación, música, folclore e outro tipo de eventos.

A 56 Festa do Pulpo terá lugar o domingo 12 de agosto, pero o martes 8 de agosto tamén se celebrará a TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO, cuxo reto nesta edición será rebaixar dos 10 minutos o tempo de cortar o polbo para encher o prato xigante, según xixo Manuel Dacal.

Presentación do cartel da festa do pulpo 2018

2019-12-19T10:24:41+01:00PRESENTACIONS|

O cartel da 56 Festa do Pulpo rende homenaxe ao tango con motivo da dedicatoria desta edición ao Centro do Carballiño en Buenos Aires, que este ano celebra o centenario da súa creación.

O cartel é obra da deseñadora gráfica carballiñesa Ari Quintas Núñez, e foi presentado esta mañá nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega, os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente, o portavoz do grupo municipal do PP, Argimiro Marnotes, e a concelleira do BNG, Sofía García, así como a autora, Ari Quintas.

Unha aceiteira, unhas tesoiras, dúas talladas e un rabo, conformando unha parella de tango sobre un prato de madeira de pulpo, xunto co pimentón, son o elemento central do cartel, que ten unha gran plasticidade e resulta moi significativo desta 56 edición.

“Quixen realizar unha simobiose dunha parella de tango cos aparellos propios das pulpeiras e pulpeiros”, dixo ao respecto a deseñadora Ari Quintas, que se amosou moi honrada por ter a oportunidade de elaborar o cartel da Festa do Pulpo deste ano.

O alcalde, Francisco Fumega, referiuse ao recoñecemento dos emigrantes carballiñeses en Buenos Aires, dicindo que “a festa deste ano se lle dedica ao Centro do Carballiño en Buenos Aires co gallo da celebración do seu centenario, e por iso o cartel deseñado por Ari Quintas Núñez, simboliza dun xeito evidente a simbiose do pulpo co tango, que é un elemento moi significativo de Buenos Aires”.

“É unha idea orixinal que Ari Quintas plasmou dunha maneira moi plástica, e que estou seguro gustará moito no Centro do Carballiño en Buenos Aires. Pero o que é máis importante, creo que gustará tamén aquí, xa que se trata de promocionar a nosa festa máis senlleira e popular, e coido que este cartel terá moi boa acollida en todos os lugares polos que se distribúa, e será un magnífico cartel para difundir a Festa do Pulpo deste ano”, engadiu o alcalde.

Por isto, felicitou á autora do cartel e agradeceu a súa colaboración.

Ari Quintas Núñez, que reside actualmente na Coruña, ten realizado diversos carteis para a Feira da Pepa Loba e as Xociviga, así como para outros eventos culturais e festivos do Carballiño. Neste senso, o alcalde destacou o fondo carballiñesismo da autora, moi vencellada ao barrio de Flores, o cerne da vila.

O cartel comezará a distribuirse a partir de mediados deste mes de xuño.

O Carballiño volveu converterse na capital mundial do polbo un ano máis

2020-01-09T12:31:03+01:00FESTA DO PULPO @gl|

Carballiño volveu a converterse, un ano máis, na capital mundial do polbo. Ata alí desprazáronse miles de persoas nun caloroso domingo para gozar dunha das principais citas do calendario de festas gastronómicas de Galicia.
Como cada segundo domingo do mes de agosto, o parque municipal do Carballiño acolleu a Festa do Polbo, celebración de Interese Turístico Nacional.

Unha festa na que tamén participou o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen puxo esta celebración como “exemplo” da “Galicia acolledora e aberta”.

“A nosa identidade fíxose sumando”, declarou, segundo recolle un comunicado, o xefe do Executivo autonómico, quen lembrou que Galicia é froito da “suma de culturas ancestrais, como as que repousan no castro de San Cibrao de Las”.

A continuación, chamou a seguir apostando “por unha Galicia tolerante e anfitrioa, que converta ao visitante nun galego máis”.

A Festa do Polbo do Carballiño cumpre 55 anos en 2017 e está considerada como unha das principais festas gastronómicas de toda España.

Tapa de pulpo xigante en O Carballiño 2017

2020-01-09T12:46:46+01:00ACTIVIDADES @gl|

Con máis de media tonenada de pulpo este ano volvemos facer a tapa do pulpo máis grande do mundo, este ano alcanzou 5,37 metros de diámetro. A tapa de pulpo cada ano se elabora máis rápido, este ano se fixo en 10 minutos e 56 segundos, para conseguir estes datos foron necesarias máis de 30 persoas que se encargaron de cocelo, picalo e servilo.

A primeira edición del Holi Pulpo

2020-01-09T12:58:06+01:00FESTA DO PULPO @gl|

A PRIMEIRA EDICIÓN DE HOLI PULPO CONGREGOU A MÁIS DE MIL DUASCENTAS PERSOAS ENTRE A PRAZA MAIOR E O PARQUE MUNICIPAL

A primeira edición de Holi Pulpo foi todo un éxito. Máis de 1.200 persoas de todas as idades participaron nesta festa de pintura de cores en polvo e música, que se desenvolveu esta tarde entre a Praza Maior e o Parque Municipal, onde proseguiu o festival na pista do kiosko do parque con actuacións de DJs e pintura holi, elaborada con fariña de arroz. A pintura é totalmente ecolóxica, sen que supoña ningún daño para o medio ambiente.

Un dos promotores do evento, Uriel Bernárdez, amósase totalmente satisfeito desta iniciativa, así como o concello, que tamén colabora por considerar que este tipo de festivais atrae á mocidade e dinamiza o ambiente da vila.

O numeroso público que presenciou o comezo da andaina sobre as cinco e media da tarde dende a Praza Maior ao Parque, pasando pola rotonda da Praza do Emigrante e a avenida Xullo R. Soto, dende as terrazas das cafeterías e polas rúas, contemplou o espectáculo de cores absolutamente sorprendido pero tamén maravillado.

A propia organización do evento encargarase de recoller todo o lixo que se xenere na pista do kiosko do parque, para que mañá estea totalmente limpa para unha nova sesión do baile para maiores. Asemade, esta noite quedarán totalmente limpas as rúas e prazas da vila polas que pasaron os participantes nesta festa que, a tenor do poder de convocatoria e do resultado, pode converterse xa nunha das actividades máis orixinais da programación da LV Festa do Pulpo.

(Adxuntamos fotografías por xentileza de Chus Otero e Xhristian Pérez)

Presentación Programa e Cartel Festa do Pulpo 2017

2020-01-09T13:09:39+01:00ACTOS @gl, FESTA DO PULPO @gl|

Durante quince días, do 28 de xullo ao 13 de agosto, O Carballiño ofrecerá un amplo programa de actividades culturais, deportivas e de ocio para dinamizar a LV Festa do Pulpo. O programa foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente.

festa-do-pulpo-2017-portada

CONCERTOS, ANIMACIÓN DE RÚA E ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E DE OCIO COPAN A PROGRAMACIÓN DA FESTA DO PULPO

O GRUPO LA UNIÓN PECHARÁ O VENRES 11 DE AGOSTO UN CICLO DE QUINCE DÍAS CON GRANDES CONCERTOS DE TODO TIPO DE MÚSICAS

RENDERASE UNHA HOMENAXE Á FAMILIA DE JULIO GÓMEZ, DA XEADERÍA LA IBENSE

Os eventos comezan mañá cunha andaina nocturna aos petroglifos de Cangues e rematarán co concerto do grupo de musica pop La Unión, o venres 12 de agosto. Entremedias sucederanse concertos como os de Músicas de Sofá o venres e sábado 4 e 5 de agosto; Os Coribantes co grupo de pandereteiras Maianas e Manuele de Felisa, o luns 7; Budiño e Mercedes Peón, o mercores 9, e o Festival Folclórico Internacional, o xoves 10. Asemade, a Tapa de Pulpo máis grande do mundo, que será o martes 8, e outras actividades deportivas e de animación de rúa que se desenvolverán polos barrios.

O domingo 30 tamén darán comezo as Xociviga 2017, cunha semana de proxeccións no auditorio, exposicións e publicacións de interese cinematográfico.

Nesta edición a Festa do Pulpo renderá homenaxe a La Región Internacional polo 50 aniversario, e a Julio Gómez e a súa dona Lurdes Masid, xeadeiros de La Ibense.

Francisco Fumega resaltou a diversidade e calidade dos actos que se desenvolverán durante este tempo de verán no que O Carballiño duplica a poboación e se incrementan significativamente o número de turistas.

Diego Fernández tamén se referiu ao carácter aberto do programa, pensado para todos os públicos e co obxectivo de atraer a moitos visitantes, según dixo.

José Manuel Dacal centrouse na semana grande, que comezará coa banda de música popular Os Coribantes e rematará co gran concerto na Praza Maior do grupo La Unión, así como a xornada do sábado dedicada ás peñas das camisetas, a emisión en directo do programa da TVG Aquí Galicia, e o propio día da Festa do Pulpo, o domingo 13 de agosto, coa romaría no parque municipal. A Banda de Gaitas de Xixón será o grupo invitado nesta ocasión. E o fin de festa correrá a cargo de Pili Pampón.

O concello editou 5.000 dípticos coa programación que comezarán a distribuirse mañá pola provincia e toda Galicia.

Finalmente, agradecieron aos patrocinadores, institucións, entidades e empresas, así como ao resto das concellerías municipais a súa colaboración, sen a cal non sería posible poñer en marcha un programa tan ambicioso.

festa-do-pulpo-2017-interior
cartel-2017